José López Campos Profile Banner
José López Campos Profile
José López Campos

@lopezcamposgal

279
Followers
71
Following
177
Media
321
Statuses

Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

Joined May 2024
Don't wanna be here? Send us removal request.
@lopezcamposgal
José López Campos
25 days
Sei que os galegos sodes conscientes do valioso legado patrimonial que atesoura Galicia: Máis de 7⃣0⃣0⃣ BIC, 5⃣ Patrimonios da Humanidade e outras 3⃣ candidaturas en marcha Reflicten que o coidamos, e entre todos, para que siga contado a nosa historia. Non deixemos de facelo!
9
14
44
@lopezcamposgal
José López Campos
14 days
Hoxe falamos con @lavozdegalicia de cultura, dos problemas da mocidade e do uso e coñecemento do galego Estou seguro de que se afastamos as imposicións e discursos partidarios da nosa lingua poderemos traballar xuntos para impulsala e prestixiala desde a concordia e a liberdade
@lavozdegalicia
La Voz de Galicia
14 days
José López, conselleiro de Cultura: 🗣 «Debemos sacar a lingua do debate político crispado, ten que unir»
23
3
15
42
23
42
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
En Galicia temos un modelo lingüístico cordial e integrador que non xera conflitos, porque empregamos a nosa lingua como ponte, nunca como muro Así o trasladei hoxe no Consello das Linguas Oficiais do Estado, que coincide coa celebración do Día europeo das linguas. Festexémolas!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
54
9
34
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
En Galicia contamos cun modelo integrador co que protexemos a nosa lingua desde a concordia e a liberdade Con este mesmo fin traballamos nun plan con novas accións no que os eixos centrais son o neofalantismo, a tecnoloxía ou a aprendizaxe por parte dos nados fóra da Comunidade
30
12
31
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Recibimos moi boas novas para a nosa lingua e cultura popular As cantoras Adolfina, Rosa e Eva e as pandereteiras Prudencia, Asunción e Manuela serán recoñecidas nas #LetrasGalegas2025 polo seu papel na transmisión do patrimonio oral en galego xeración tras xeración Parabéns!
@AcademiaGalega
Real Academia Galega
4 months
As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das #LetrasGalegas2025 . A Real Academia Galega personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.
8
373
725
6
16
28
@lopezcamposgal
José López Campos
9 days
Recoñecemento e agradecemento Este foi o espírito da homenaxe na @CidadedaCultura a @LediciaCostas , unha das nosas escritoras máis lidas e traducidas Na semana do #D íadasEscritoras é de xustiza pór en valor a súa excelsa labor de difusión da literatura e lingua galegas
Tweet media one
1
9
27
@lopezcamposgal
José López Campos
21 days
É abraiante o interese que estades a demostrar en facernos chegar as vosas propostas para enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga Queremos seguir contando con vós e ampliamos ata final de mes a caixa de correo virtual Escoitámosvos⤵️ propostas @teatrofraga .gal
Tweet media one
7
9
25
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Hoxe damos un paso máis na construción dun país mellor, traballando polo acceso universal á cultura, sen barreiras A futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, pioneira en Europa, debe ser un compromiso de todos, goberno e oposición
3
14
23
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Novo chanzo para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial en 2026! Entregamos en París ao embaixador de España ante a @UNESCO_es o primeiro avance do expediente O seguinte paso: un congreso internacional en outubro ao que asistirá @miqueliceta . Seguimos traballando!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
3
13
23
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Hoxe remata a aventura de Paula na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude 👋 Ao longo do verán tivemos a sorte de contar con ela no noso equipo para facer as súas prácticas e agora inicia un novo camiño no que estou seguro de que lle vai ir moi ben. Grazas por todo!
Tweet media one
0
1
23
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
A cultura galega está de celebración! A ilustradora Bea Lama vén de facerse co Premio Nacional do Cómic 2024 pola súa novela gráfica, 'O corpo de Cristo' É un orgullo ter na nosa comunidade a artistas con tanta sensibilidade e talento. Este recoñecemento é ben merecido!
@epcultura
epcultura
1 month
Bea Lema, Premio Nacional del Cómic 2024, por su obra 'El cuerpo de Cristo'
1
0
2
2
10
23
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Este ano celebramos a Rapa das Bestas con especial ilusión, polo recente inicio dos trámites para ser declarada Ben de Interese Cultural Convídovos a vivir de cerca esta tradición ancestral conservada ata os nosos días para coñecer o seu valor e importancia na nosa cultura
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
11
22
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Hoxe, entre as celebracións polo #D íadeGalicia, tamén lembramos unha das figuras máis importantes para a nosa cultura e identidade, Rosalía de Castro Xunto con @RomanLalin e @AlfonsoVillares asistín á misa na honra da escritora e realizamos unha ofrenda floral no seu panteón
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
10
22
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Escachar coa risa, emocionarnos, comprender o mundo ou querer melloralo. Isto e máis cabe nun espectáculo. Isto é cultura Por iso é esencial que todos, vivamos onde vivamos, gocemos dela. Con este fin nace Adival, a Rede de dinamización no rural que estará lista tras o verán
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
4
13
20
@lopezcamposgal
José López Campos
18 days
Ilusióname a campaña que lanzamos hoxe, na que hai responsabilidade e orgullo a prol do noso idioma. Ao que lle imos procurar máis prestixio e máis falantes, sexan galegos ou doutros lugares Temos un gran tesouro. Fálao para preservalo! Saca a lingua que levas dentro!👅
Tweet media one
12
10
21
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
O noso patrimonio é un dos nosos maiores tesouros. Coidalo e protexelo entre todos é unha débeda co legado dos nosos sobranceiros e un compromiso coas xeracións futuras Que bens como o @ParqueA sigan contando a nosa historia é unha responsabilidade compartida. Cumprámola!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
5
10
19
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
O fortalecemento dos vínculos lusófonos continuará sendo unha das nosas prioridades Así o garantín hoxe no @Par_Gal , no que tamén anunciei o próximo convenio co @InstCamoes para acreditar o coñecemento de portugués e a posta en marcha do Observatorio da Lusofonía
Tweet media one
1
11
20
@lopezcamposgal
José López Campos
6 months
Este é o noso proxecto, que asumo con ilusión e responsabilidade Fágoo coa vista posta no futuro e sobre os piares da transversalidade, a innovación, o benestar e a xeración de riqueza O obxectivo: que todos esteamos cada día máis orgullosos da nosa cultura, lingua e xuventude
4
12
19
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Unha honra compartir conversa con @chuspatodiaz , unha das personas que sitúan na primeira liña a nosa lingua e a nosa cultura Os meus parabéns polo Premio Nacional de Poesía 2024, co que Galicia continúa a senda de recoñecementos ao seu talento e bo facer como referente cultural
Tweet media one
2
6
19
@lopezcamposgal
José López Campos
6 months
Non se me ocorre mellor xeito para estrearme nesta rede social que co meu regreso ao @Par_Gal Despois de 13 anos volvo á Cámara galega para amosar as principais liñas de traballo da nova consellería ⏰Será ás 11h e podedes seguilo en directo en ⤵️
Tweet media one
5
7
18
@lopezcamposgal
José López Campos
6 months
Nas vésperas das #LetrasGalegas2024 a miña primeira proposta é buscar os consensos necesarios para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego en todos os ámbitos Desde a cordialidade e a liberdade podemos traballar xuntos nunha das grandes riquezas de Galicia
Tweet media one
4
8
18
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
A Galicia, boa e xenerosa na que collemos todos, forxouse con figuras como Alexandre Bóveda Hoxe honramos e agradecemos a entrega e o amor incondicionais pola nosa terra del e doutros coetáneos. Manter aceso o seu legado é o mellor recoñecemento
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
4
6
17
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
É unha ledicia presentar festivais, como o Festaclown de Vilagarcía, que nos fan rir e pasar un bo tempo de lecer, ademais de funcionar como ferramentas para a concienciación social Non perdades estes espectáculos cos que continuamos promovendo actividades por toda Galicia
Tweet media one
1
5
16
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Hai poucas cousas máis nosas que unha romaría. Este é o espírito do Festival Folk Sisalde, no que gozamos da nosa música nun espazo espectacular como a fraga desta aldea de Arteixo Grazas por facerme partícipe deste festexo, que fai cultura e fai comunidade!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
2
16
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Emociona comprobar como os galegos do exterior manteñen vivas a nosa lingua e tradicións, pero sobre todo, o amor por Galicia Esta emoción acrecéntase cando o fan xeracións máis novas, como a do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires. Benvidos á vosa terra!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
11
16
@lopezcamposgal
José López Campos
24 days
Hoxe a cultura popular galega recibe a triste nova do pasamento de Josefa de Bastavales A pandereteira foi unha artista autodidacta e referente cun nome ligado ao movemento bravú. Permanecerá sempre na memoria de todas e todos
@G24Noticias
G24
24 days
Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego
Tweet media one
0
8
11
3
8
16
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
En Galicia podemos gozar dunha programación musical tan diversa como excelsa, como reflicte a nova tempada lírica da Coruña que arrancou hoxe con 'La Boheme' de Puccini Parabéns á @AmigosOperaCoru polo repertorio, que cada ano é referente dentro e fóra da nosa Comunidade
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
5
15
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Eliminar barreiras e impulsar a participación e acceso á cultura de toda a cidadanía non é un reto menor Pero teño o convencemento de que o que nos une é máis que o que nos separa e que con diálogo, consenso e traballo podemos acadar unha Galicia mellor
2
4
15
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Faime especial ilusión a cita de mañá, da que se deu conta hoxe no #ConselloXunta . Quero coñecer de primeira man as ideas coas que os vigueses e viguesas queredes participar para converter o Teatro Fraga nun pioneiro centro cultural Agardámosvos‼️ ℹ️
Tweet media one
0
9
15
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
É importante que a cidadanía sinta que as institucións son espazos abertos e facelo a través dos nosos artistas e a súa obra é un grande acerto A mostra itinerante ‘A nosa arte’ fai parada na Coruña para seguir achegando a colección do @Par_Gal a toda Galicia
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
4
15
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Galicia é terra de músicos con talento e ganas de aprender e mellorar Así o comprobei hoxe na residencia artística que comeza a Banda Sinfónica Galega na @CidadedaCultura e así o poderedes comprobar o sábado no concerto que darán no Gaiás como fin desta formación. A non perder!
Tweet media one
Tweet media two
0
6
14
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Que para protexer a nosa lingua hai que falala sabémolo os galegofalantes e tamén os neofalantes que se suman con ganas a este compromiso Estas persoas xogan un papel fundamental no fomento do galego na mocidade e por iso o imos potenciar en colaboración coa @UniversidadeUSC
Tweet media one
4
4
14
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
A @CidadedaCultura volve ter un papel fundamental para Galicia! Tras ser escollida como insignia da cultura pola Fundación Contemporánea, un estudo elaborado coa @deusto fixa en 23,6M€ o beneficio anual xerado na sociedade Así o valoramos na reunión do padroado da Fundación
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
10
14
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Ler é medrar e coñecer, por iso desde a Xunta estamos involucrados de cheo en incentivar á poboación para que mellore os seus hábitos lectores Unha boa forma de facelo é impulsando iniciativas como o circuíto de Feiras do Libro que desde hoxe fai parada na Coruña. Achegádevos!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
14
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
En Galicia estamos nun gran momento cultural, cunha produción extraordinaria de proxectos de calidade e con moito talento en moi variadas disciplinas Convídovos a gozar de todo ese bo facer cunha programación que estendemos por todo o territorio ao abeiro do #CulturON
4
5
14
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
É difícil resumir 24 horas nun minuto e medio, pero aquí vai unha mostra do que facemos no noso día a día Xestións no despacho, entrevistas, reunións, visitas, presentacións… Iso si, sempre con coidado de non darme na cabeza, é o que ten a altura!
2
10
14
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Lembrar a Vicente Risco é lembrar e recoñecer os alicerces da nosa cultura na figura de quen forxou, xunto con outros nomes sobranceiros, unha identidade que perdura ata os nosos días Encantado de estar en Allariz celebrando a nosa historia no 140 aniversario do seu nacemento!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
14
@lopezcamposgal
José López Campos
18 days
Cada día estamos máis preto de que a Ribeira Sacra sexa o novo Patrimonio Mundial de Galicia Temos unha candidatura seria e solvente e darémoslle un novo impulso e difusión co congreso internacional a finais de mes en Nogueira de Ramuín A Unesco daranos boas novas en 2026!
5
3
14
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Todo listo para a posta en marcha do #CulturON 2024, unha oportunidade para coñecer, gozar da nosa cultura e vivir xuntos un verán inesquecible Facémolo cunha programación descentralizada e diversificada que chegará a máis de 200 concellos con máis dunha trintena de tipoloxías
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
5
13
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Galicia vai ser pioneira coa futura Lei de cultura inclusiva e accesible que reactivamos no Consello e que agardamos ter en vigor a finais de ano Con este fin, estivemos con representantes de distintos colectivos cos que traballaremos para eliminar todo tipo de barreiras
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
8
13
@lopezcamposgal
José López Campos
22 days
Seguimos a traballar para dotar Galicia das mellores infraestruturas culturais, facilitando o acceso a unha oferta de calidade en todo o territorio Mostra deste compromiso é o investimento na Biblioteca Municipal de Chantada que pronto gozará de novas instalacións
2
6
13
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Compromiso e ilusión. Son os sentimentos compartidos hoxe cos vigueses e viguesas nos pasos que estamos a dar na recuperación do Teatro Fraga para convertelo nun centro cultural pioneiro Grazas polas vosas valiosas propostas. Seguimos a escoitarvos!
Tweet media one
Tweet media two
1
4
13
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Apostar polo coidado das illas Cíes é apostar pola conservación dun dos nosos maiores patrimonios naturais Para esta tarefa non podíamos ter mellores aliados que os mozos e mozas de diferentes países que participan este verán no campo de voluntariado. Grazas pola vosa axuda!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
13
@lopezcamposgal
José López Campos
11 days
Hoxe na @TVGalicia falamos do noso maior patrimonio: a lingua galega Debemos tomar medidas e tamén acordos que estean á altura deste gran tesouro, non alleo aos cambios sociais nos que temos que procurar un maior uso E imos facelo. Contamos con todos!
@G24Noticias
G24
11 days
🔴 ENTREVISTA NO BOS DÍAS José López Campos, sobre o pacto pola lingua: "Todos teremos que deixar algo das nosas posicións para intentar chegar a un acordo común". 👉
10
0
1
11
10
14
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
O Festival @CasteloConta chega no mes de agosto para celebrar as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura, cunha programación diversa Grazas á iniciativa de @xatouri , Culleredo contará con 64 actividades que se inscriben á oferta cultural do verán do #CulturON en Galicia
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
3
13
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
O Xacobeo 2027 está ás portas! Para o seu éxito contamos cuns embaixadores excepcionais, os patrocinadores, cuxo papel clave acaba de recoñecerse O Consejo Jacobeo aprobou hoxe, a petición de Galicia, ampliar a tres anos os seus beneficios fiscais. Celebramos este bo camiño!
Tweet media one
Tweet media two
1
4
12
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
En Galicia temos a sorte de contar cun gran tecido cultural, empresas comprometidas co sector e o escenario inigualable do Camiño Todo isto encontrámolo na nova edición de @EscenaNorte que encherá de cultura a #RutaXacobea en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
5
12
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Somos herdeiros do legado co que outros contribuíron a construír a Galicia que hoxe coñecemos e que nos deixaron para seguir afianzando a nosa identidade Neste senso, recordamos no Parlamento a Castelao coa reedición da súa obra 'O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios'
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
2
5
12
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
A gran tradición de teatro amador en Galicia debémoslla á Fegatea e ao impulso de de actividades como o Festival Agustín Magán que hoxe arranca en Santiago Animádevos a gozar deste encontro no que participan seis compañías. Eu xa o fixen hoxe na estrea de 'Entrañas negras'!
Tweet media one
Tweet media two
1
3
12
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Onte rematamos o día no #RibadeoIndiano , unha das festas máis singulares de Galicia que nos leva ás orixes da emigración Hoxe comezamos noutra gran cita do #CulturON e que é todo un referente do folk: o @festortigueira Todo un exemplo da diversidade de plans para este verán!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
0
12
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Non podo estar máis agradecido coa implicación dos veciños, alcaldes e representantes da Ribeira Sacra coa candidatura a Patrimonio Mundial O seu compromiso é fundamental para que en 2026 academos o recoñecemento da Unesco. Estou seguro de que traballando xuntos conseguirémolo!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
5
12
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
O noso compromiso coa conservación, protección e posta en valor do patrimonio que atesoura o rural queda patente en intervencións como a que visitamos na igrexa de Santa María de Sacos, onde investimos 330.000€ Un exemplo, este de Cerdedo-Cotobade, da salvagarda dos nosos bens
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
12
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Sempre incido no relevante da cultura para facer comunidade. E non é menos certo que o deporte tamén xoga un papel importante Hoxe xuntámonos ambos mundos con moitos valores en común, como saber gozar dun bo espectáculo. Neste caso, o do @RCCelta
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
1
3
12
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
Debuto nas #LetrasGalegas como conselleiro dunha área que leva e eleva a nosa lingua, tamén por vez primeira, no seu nome Orgullo, ilusión e sobre todo, moita responsabilidade para seguir engrandecendo o noso idioma Unha tarefa colectiva na que porei todo o meu empeño
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
5
12
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Comezamos setembro, pero os últimos días do verán aínda nos deixan gozar de celebracións ben interesantes como a Festa Galaica do Castro de San Cibrao de Las, en Ourense Unha boa maneira de lembrar o valor histórico e cultural deste enclave
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
3
12
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
Que sorte temos os galegos de contar cunha formación como a @OSGgalicia ! O conxunto fai un traballo excepcional promovendo a importancia da cultura musical cunha ampla programación que, este ano, inclúe 35 concertos e deixará a súa pegada en diferentes puntos de Galicia e España
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
12
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Losada Diéguez foi un dos bos e xenerosos. Ser merecedor dun premio que leva o seu nome é unha honra polo prestixio que conleva e supón unha xusta responsabilidade Así o viviron hoxe Rafael Otero e Iria Morgade, gañadores desta trixésimo novena edición. Parabéns!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
3
11
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
O Rompetiño Jump, que hoxe rematou en Porto do Son, é un bo exemplo da diversidade que ofrecemos co programa #CulturON Toda unha oportunidade que temos este verán para gozar do mellor da nosa cultura con actividades diarias en todo o territorio. Non a perdades!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
3
11
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Santiago volve encherse de música cunha nova edición de @MusicaCompostel que, un ano máis, volverá ser un éxito e unha grande oportunidade formativa para os participantes A calidade deste proxecto, con repercusión internacional, fíxoo merecedor do #PremioCulturaGalega en 2022
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Xa sabiamos que a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia presta un gran servizo, pero agora a nosa satisfacción é aínda maior ao comprobar o seu impacto positivo na sociedade Así se recolle no estudo que hoxe presentamos e que estima un retorno de 3,85€ por cada euro investido
Tweet media one
0
4
11
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Hoxe foi un día grande para a nosa cultura coa entrega das #MedallasCastelao Parabéns a Leilía, grandes merecedoras deste recoñecemento, e tamén a todas as persoas e entidades premiadas con este galardón tan especial
Tweet media one
1
5
11
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
É máis que coñecida a miña debilidade polo baloncesto. E se o meu deporte rei se aliña con actividades que promoven o uso da nosa lingua e o lecer cultural, non podo máis que sumarme á iniciativa e felicitala! Parabéns ao Festival Go! Go! Zo! pola celebración deste Torneo 3x3!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
0
3
11
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Seguimos a dar pasos para reabrir o antigo Teatro Fraga de Vigo e poñer a disposición da cidadanía un espazo cultural de primeiro nivel Facémolo cun primeiro encontro co arquitecto César Portela, no que abordamos cuestións a ter en conta para rehabilitar o emblemático edificio
Tweet media one
0
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Hoxe deixeime sorprender polo cartel do Festival Sinsal, unha maneira moi curiosa de gozar da música, sen coñecemento previo das actuacións, que vos recomendo Ademais, a contorna natural da illa de San Simón fai máis especial este programa de concertos incluídos no 'CulturON'
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
A vila de Mos acolle hoxe unha das súas datas máis especiais coa celebración da Festa da Rosa, todo un emblema no municipio Foi unha honra ser testemuña directa da súa importancia para os mosenses e recibir a distinción de valedor, un orgullo que levarei por toda Galicia
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
26 days
Frei Martín Sarmiento foi valedor do galego, rachou prezuízos e defendeu o seu emprego. Todo un referente co que compartimos que a lingua é un dos maiores tesouros Esta é a cerna do noso plan para dinamizar o seu uso incidindo nos neofalantes, os non nados en Galicia e o dixital
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
A @FundacionCela leva a cabo un importante labor para difundir o legado do Premio Nobel galego Hoxe afondamos no traballo levado a cabo este ano na reunión da asemblea do Padroado, á que tiven a honra de asistir por primeira vez en representación da @Xunta
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
0
4
10
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
O audiovisual galego segue a darnos alegrías! Volvemos ser partícipes do gran momento que vive o sector, ao que apoiamos con varias liñas de axuda Un pracer compartir rodaxe coa produtora Zaza Ceballos, Medalla de Galicia 2024. Non perderemos 'Antes de Nós', de Ángeles Huerta
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
11
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Sempre é un orgullo asistir a xornadas de institucións que, como a Fundación Manolo Paz, traballan a prol da nosa cultura Os meus parabéns a David Barro, merecido galardoado deste ano pola súa traxectoria de máis de 25 anos no mundo da arte contemporánea
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
11
@lopezcamposgal
José López Campos
17 days
Onte rematei o día visitando Pontevedra e comprobei que é unha cidade de intensa actividade artística! Percorrín a Fundación Moldes para descubrir o labor de divulgación do legado deste pintor, e tamén o Café Moderno, onde se inaugurou o proxecto 'Simultánea' de @Afundacion_org
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
4
11
@lopezcamposgal
José López Campos
6 months
Imos conseguir a declaración da @unesco na #RibeiraSacra Estou convencido dos seus valores e do bo traballo feito e por iso imos poñer en marcha unha estratexia desde varios departamentos Ademais, achegaremos a riqueza patrimonial de Galicia ao mundo cun plan de dixitalización
Tweet media one
2
6
11
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Galicia ten unha cultura do viño orgullosa da herdanza das tradicións, da valentía na innovación e que erixe a paisaxe das súas viñas como identidade de país Foi un pracer ter participado na exaltación destes valores na LXV do Viño do Condado de Tea. Por máis anos!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
10
@lopezcamposgal
José López Campos
22 days
Este ano continuamos co noso plan de intervencións arqueolóxicas, que abrangue 32 xacementos de 30 concellos de toda Galicia Un conxunto de actuacións fundamentais para a conservación, protección e difusión do noso patrimonio, como é o caso do Castro de Doade, en Lalín
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
4
4
10
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Medrar como sociedade desde o eido cultural é un apaixonante camiño que tiven oportunidade de compartir de maneira enriquecedora co ministro de Cultura, @ernesturtasun , durante a súa visita a Galicia Agradecido polo seu interese no noso modelo cultural e nas nosas iniciativas
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
3
10
@lopezcamposgal
José López Campos
8 days
Os proxectos de vida da nosa xuventude son tamén cousa nosa. Desde o Goberno galego traballamos conxuntamente a prol do seu benestar Coa Consellería de Vivenda anunciamos dúas medidas incluídas nos orzamentos do 2025: as vivendas colaborativas e o Bono Emancípate
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
3
5
12
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
O salto internacional do audiovisual galego é imparable! Temos un sector con talento e con prestixio dentro e fóra da Comunidade, ao que apoiamos desde a Xunta nas coproducións con outros países Así o facemos co filme Tralovento, que une Galicia e Grecia desde Vilar de Barrio!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
0
3
10
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
En Galicia contamos cun abraiante patrimonio natural, que tamén é cultural, como a Illa de Tambo, en Poio Hoxe gocei dos seus recunchos con significativos bens patrimoniais, que estamos a recuperar e pór en valor, para que siga contando a súa historia, que é a nosa!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
10
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Boas novas no #Consello da @Xunta no que aprobamos dúas medidas para seguir coidando do noso patrimonio e potenciando o talento da mocidade galega! 🎨 A primeira é unha nova edición do #XuventudeCrea , con máis oportunidades para os participantes ℹ️
Tweet media one
1
7
10
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Na aldea somos de arrexuntarnos arredor dunha boa historia, de arrancarnos cun canto de taberna e de argallar da nada unha foliada. Forma parte da nosa cultura; da que sempre fai comunidade Este é o espírito de @CasteloConta e do noso rural, polo que tiña que estar. E estiven!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
1
3
10
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
A presenza do galego nas plataformas dixitais é un reto de país que precisa da implicación de todos. Eu xa fixen hoxe a miña doazón e necesitamos que vós fagades a vosa Animádevos a participar e contribuír á inclusión do galego no eido dixital ℹ️
@CulturaXunta
Cultura de Galicia
3 months
O #ProxectoN ós pon en marcha 'Agasállanos coa túa voz' para facilitar que os dispositivos tecnolóxicos recoñezan todos os xeitos da nosa fala 📍 Chegará a 16 concellos de diferentes comarcas de Galicia 📲 Dispoñible tamén online en
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
6
6
0
3
10
@lopezcamposgal
José López Campos
16 days
Parabéns ás e aos galardoados cos #PremiosCulturaGalega2024 ! Faime especial ilusión estas distincións por ser o merecido e obrigado agradecemento de Galicia aos que fan posible que gocemos dunha cultura aberta, integradora, talentosa e que quere e vai a máis!
@CulturaXunta
Cultura de Galicia
16 days
🏅 O xurado dos #PremiosCulturaGalega2024 vén de resolver os galardoados deste ano Parabéns a todos! 👏 📚 Manuel Lourenzo 🎼 Joaquín Martínez Silva 🩰 Marta Pazos 🎬 Ficción Producións 🎨 Xosé María Pérez Barro 🌍 Real Club Celta de Vigo 🗣️ Julia Díaz 🏛️ Xosé Manuel González
Tweet media one
5
16
21
2
2
10
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Hoxe volvín ao @consellocultura , a institución coa que celebrei o meu primeiro acto oficial como conselleiro hai agora tres meses Desta volta participei na sesión plenaria dunha entidade esencial na difusión dos nosos valores culturais
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
1
10
@lopezcamposgal
José López Campos
13 days
Seguimos a impulsar a protección do noso patrimonio e a divulgar a nosa cultura, como quedou reflectido no #ConselloXunta con dous acordos ⛪️Achegamos 140.000€ á @DioceseLugo para reparar os danos provocados pola humidade na igrexa do Carme de Lugo ℹ️
Tweet media one
1
7
10
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Foi un pracer recibir hoxe os 40 novos talentos emerxentes que nestes días comparten inquedanzas e aprendizaxes no #EAN14 da @CidadedaCultura Esta iniciativa exemplifica o noso compromiso para dar o seu traballo, tecer redes e intercambiar experiencias entre os artistas noveis
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
6
10
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Remato o sábado compartindo satisfacción coas persoas implicadas no festival estradense 'O Son dos Arrieiros' por todo o acadado en apoio á música emerxente galega Unha vez máis, colaboramos co impulso do talento e gozamos do gran nivel musical da nosa terra
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
1
10
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Un dos obxectivos do #XuventudeMentoring é conectar á mocidade con sectores estratéxicos para Galicia como o turismo,  que xera máis de 130.000 empregos Facémolo a través do @ClusterGalicia e buscando un turismo de calidade e sostible ligado á cultura e ao coidado do patrimonio
Tweet media one
1
4
9
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Isaac Díaz Pardo era unha figura inmensa, como inmeso é o seu legado artístico Parabéns á Real Academia Galega de Belas Artes por escoller este irrepetible referente cultural para o Día das Artes 2025. Unha vez máis, excelente elección!
@CulturaXunta
Cultura de Galicia
4 months
📢 Isaac Díaz Pardo, protagonista do Día das Artes 2025! 👏 A Real Academia Galega de Belas Artes acaba de dar a coñecer que dedicará esta efeméride a un dos persoeiros máis vangardistas da cultura galega contemporánea Un novo e merecido recoñecemento ao que nos sumamos!
Tweet media one
1
18
35
2
3
9
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
Se hai unha figura que reflicte a cultura do noso pobo esa é a de Rosalía de Castro. Por iso a miña rolda polas fundacións de autor tiña que comezar na @CasadeRosalia O meu agradecemento polo voso compromiso e traballo con iniciativas como #Rosal íaenCamiño que hoxe presentamos
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
9
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Un ano máis, unímonos á @FundacionRepsol no Premio Narrativa Breve que, tras case dúas décadas, continúa a ser un gran impulsor da literatura en galego Inicitivas coma esta, comprometidas co futuro da nosa cultura, son toda unha sorte para Galicia e os novos escritores
Tweet media one
0
2
9
@lopezcamposgal
José López Campos
1 month
Que un festival xa teña superado as 20 edicións demostra o éxito de saber atinar co cartel e co xeito de fidelizar e atraer novos públicos É o caso de @Revenidas , unha cita cultural das imperdibles con música, gastronomía e tamén actuacións solidarias. Por moitos anos máis!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
4
9
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
A histórica locomotora Verderón, da estación de tren de Santiago, é un gran exemplo do aproveitamento do patrimonio para crear espazos culturais singulares Sempre é un pracer apoiar proxectos que aporten coñecemento á cidadanía, como este da Asociación de Amigos do Ferrocarril
1
2
9
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
A posta en valor da nosa riqueza gastronómica e do sector do mar é recoñecer un eido clave na cultura e identidade de Galicia. Un pracer acompañar ás persoas que hoxe se achegaron á Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova, onde estes días nos agardan moitas actividades
Tweet media one
0
3
9
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Celebramos coa rapazada o inicio dun verán de aventuras e convivencia coa posta en marcha dos campamentos da @Xunta Fixémolo en Boiro, onde 120 nenos e nenas viviron con ilusión o primeiro día dunha experiencia que lles será moi enriquecedora Bo verán!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
1
4
9
@lopezcamposgal
José López Campos
5 months
A miña primeira visita como conselleiro á @CatedralStgo permitiume redescubrir esta gran xoia con cuxa conservación estamos comprometidos Así seguirá sendo nos vindeiros anos dando cumprimento ao #PlanCatedrais con intervencións como as que estamos a facer nas capelas absidais
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
3
2
9
@lopezcamposgal
José López Campos
4 months
Os galegos temos a sorte de contar cun amplo abano de propostas festivas nas que divulgar e poñer en valor a nosa cultura Bo exemplo disto son as festas de San Paio, nas que hoxe me encontrei coa veciñanza da Estrada durante a procesión do Santísimo Boas festas !
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
3
1
9
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
Hai pouco menos dun mes demos o primeiro paso para recuperar o Teatro Fraga e agora iniciamos o camiño para darlle o mellor contido a un espazo cultural de primeiro nivel Imprescindible, por tanto, escoitar as propostas do sector, sobre todo o de Vigo. Contamos con vós desde xa!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
1
5
9
@lopezcamposgal
José López Campos
3 months
Achegar os fondos das nosas institucións culturais a distintos espazos é unha das nosas máximas para facilitar o acceso á arte e ao coñecemento da poboación Con esta premisa inauguramos hoxe no @museodomar unha mostra de gravados con pezas da Real Academia Galega de Belas Artes
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
3
9
@lopezcamposgal
José López Campos
14 days
Compartir tempo coa veciñanza da Estrada sempre é motivo de alegría Hoxe fixémolo para celebrar con eles o Día da Festa Nacional, unha data para lembrar de novo que o que nos une é moito máis que o que nos separa
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
2
1
9
@lopezcamposgal
José López Campos
2 months
É un gusto ver a consolidación dentro e fóra de Galicia de citas culturais, nas que colaboramos a través do #CulturON , como é o @FiotCarballo Parabéns á organización pola calidade do seu programa na 33 edición, da que gozaremos a partir do 26 de setembro
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
2
9
@lopezcamposgal
José López Campos
17 days
Os grandes plans que temos para facer do Teatro Fraga o epicentro cultural de Galicia pasan por unha rehabilitación que aproveite ao máximo as instalacións Hoxe revisamos as posibilidades que nos ofrece o inmoble coa sorte de contar co coñecemento do arquitecto César Portela
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
3
5
9