Iago Lestegás Tizón Profile Banner
Iago Lestegás Tizón Profile
Iago Lestegás Tizón

@iagolestegas

2,749
Followers
1,376
Following
112
Media
9,161
Statuses

Arquitecto • Doutor en Rexeneración Urbana e Desenvolvemento Económico • Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica no @PazodeRaxoi @obloque

Santiago de Compostela
Joined April 2010
Don't wanna be here? Send us removal request.
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Dentro de pouco, tardarase o mesmo en ir en transporte público de Compostela a Madrid que de Compostela a Burela. O país máis descentralizado do mundo.
9
108
495
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
“Galicia é moito”, disque, pero cada vez somos menos. Perdemos case 100.000 habitantes dende que Feixóo preside a Xunta. Entre 2009 e 2019 perderon poboación 49 de 53 comarcas; só medraron as de Vigo, Pontevedra, Coruña e Santiago. Resistiremos 4 anos máis deste modelo? ABRO FÍO.
10
213
389
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 month
🧵Entre 2018 e 2023 o prezo medio do alugueiro medrou un 33,1% en Santiago. Atopar un lugar para vivir é unha odisea, mentres funcionan centos de pisos turísticos á marxe da legalidade urbanística. A hotelización do parque residencial é unha das causas da crise de vivenda. (1/4)
22
97
341
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Efectivamente, cómpre protexer e promover a gandaría extensiva. Entre outras moitas razóns que xa se sinalaron estes días, porque onde pacen as vacas non avanza o eucaliptal. A foto é deste Nadal, na Mariña.
Tweet media one
2
21
165
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Esta é a rúa de Soto Freire, entre a estación de buses e o vello cárcere de Lugo, reurbanizada e inaugurada en 2017. Se xa daquela o resultado era triste, 3 anos despois é deprimente. Por que son tan hostís a maioría dos novos espazos públicos das nosas vilas e cidades? ABRO FÍO.
Tweet media one
4
45
160
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Non é certo que só o turismo nos dea de comer aos composteláns e por iso teñamos que aturar o que nos boten. O turismo é unha fonte de ingresos para moitas persoas e unha peza importante da economía da cidade, pero non é a única, nin se deben poñer os ovos todos nesa cesta.
Tweet media one
4
46
154
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 months
🧵O comercio de proximidade é fundamental para a vitalidade dos nosos barrios, para a calidade de vida das persoas e para un modelo urbano sostible e equitativo. Por iso decidimos revisar a ordenación dos usos comerciais do Plan especial da cidade histórica de Santiago.
7
25
133
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Calidade de vida urbana é ter isto ao pé da casa.
Tweet media one
1
7
114
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
Velaquí a vía do FEVE ao seu paso por Fazouro (Foz). É unha das nosas infraestruturas máis desaproveitadas. Conecta moitos núcleos da costa cantábrica, pero o servizo non cobre as necesidades dos seus potenciais usuarios. O tren de proximidade é clave para vertebrar o territorio.
Tweet media one
7
18
114
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
7 months
Fanse hoxe 74 anos do pasamento de Castelao. De meus avós, emigrantes na Arxentina, herdei este pequeno tesouro que cruzou o Atlántico: o exemplar número 11 da segunda edición do "Sempre en Galiza", impreso en Buenos Aires en 1961 grazas á xenerosidade da colectividade galega.
Tweet media one
Tweet media two
1
12
112
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 months
Onte foi o aniversario do nacemento de Urbano Lugrís, máximo expoñente galego do surrealismo, e hoxe acordamos en Xunta de Goberno modificar o Catálogo do Plan especial da cidade histórica para protexer o mural que pintou en 1954 no nº 56 da rúa do Franco.
Tweet media one
7
20
112
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 months
Unha empresa pública é un instrumento clave para unha política de vivenda efectiva. Por iso, o @PazodeRaxoi está a dar os pasos necesarios para crear unha sociedade mercantil de capital municipal que permita mellorar as condicións de acceso á vivenda e promova a rehabilitación.🧵
1
29
99
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
8 months
🗣️Comparecín no Pleno do @PazodeRaxoi para explicar a nosa proposta para a parcela que hoxe ocupa a Casa da Xuventude, que servirá para mellorar a accesibilidade e a contorna do parque de Belvís e para renaturalizar o regato do Cancelón. 🎥Velaquí un resumo da miña intervención.
4
19
100
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 month
É unha decisión importante, necesaria, lóxica e coherente que remata o traballo iniciado en 2015. É moi positivo que as tres forzas progresistas completemos un longo ciclo de regulación que sitúa Compostela na vangarda da ordenación do uso turístico do parque residencial. (4/4)
5
15
97
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
É normal que en Madrid teñan dificultades para entenderen a necesidade dos medios autonómicos e locais, tendo en conta que os de ámbito estatal non paran de falar dos asuntos madrileños, dende os seus proxectos de peonalización ás súas campañas electorais municipais.
3
21
81
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
Queremos converter Compostela nunha capital verde europea, unha cidade na vangarda do urbanismo do século XXI que responda con eficacia e audacia aos desafíos do cambio climático. Velaquí algunhas das transformacións urbanas que no @bngcompostela queremos impulsar e xestionar.🧵
7
11
72
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
Non é necesario, nun país con milleiros de vivendas baleiras e centros históricos despoboados, mudar o uso de locais comerciais para ampliar a oferta residencial, nin se abordan así as causas da proliferación de baixos pechados nos nosos barrios (1/4)
1
19
64
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
8 months
O pasado xoves o Pleno do @PazodeRaxoi aprobou inicialmente, por unanimidade, a modificación de planeamento proposta polo goberno local para preservar os valores ambientais e paisaxísticos do Espiño, unha peza clave do sistema de espazos libres e zonas verdes de Compostela.🧵
Tweet media one
3
12
64
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
Aínda que pareza mentira, o presidente do PPdeG foi presumir de políticas para o rural á Terra de Celanova, que perdeu o 55% da súa poboación entre 1981 e 2017. É a quinta comarca galega que máis habitantes perdeu nese período. Curiosa escolla.
3
30
63
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 months
É agora! 💙
@obloque
BNG - Bloque Nacionalista Galego
6 months
Somos un país que sabe e merece gañar. O 18F, simplemente, ímolo facer, contigo! 😉💪🏻💙! Agora gañar! #AnaPont ónPresidenta
283
1K
3K
0
5
62
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Segundo os datos que proporciona o IGVS a través do Observatorio da Vivenda, entre 2016 e 2020 o importe medio dos alugueiros en Compostela subiu de 389,9€ a 468,4€. Isto supón un aumento do 20,1% en 4 anos, e o dato provisional para 2021 suxire que a tendencia á alza continúa.
1
26
61
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 months
Temos a intención de solicitar a declaración do municipio de Santiago de Compostela como zona de mercado residencial tensionado. Farémolo malia os obstáculos impostos pola Xunta, que nos adxudicou aos concellos unha serie de obrigas que non establece a Lei polo dereito á vivenda.
1
7
61
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
☔️En Compostela chove moito, pero faltan espazos cubertos ao aire libre onde celebrar encontros e eventos sen ter que montar carpas de plástico. Coa proposta do @bngcompostela para a parcela da Casa da Xuventude queremos paliar esta carencia e producir outros 4 efectos positivos:
Tweet media one
4
10
60
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
"Edificios fronte ao mar" non é sinónimo de "arquitectura mariñeira".
@Turgalicia
Turismo de Galicia
3 years
⚓️ A los amantes de la arquitectura marinera os recomendamos visitar la localidad de Malpica de Bergantiños, cuyas coloridas casas vuelan sobre el mar y cuyos miradores ofrecen unas inigualables vistas sobre todo el entorno. #Malpica #ACoru ña #CostaDaMorte
Tweet media one
10
8
43
3
7
59
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 years
O parcelario galego é verdadeiramente fascinante 👇
Tweet media one
6
20
55
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Copenhague e outras cidades de Dinamarca reaccionaron á crise do petróleo de 1973 substituíndo o coche pola bicicleta. Hoxe son paradigmas da mobilidade sostible e saudable. Oxalá esta crise enerxética provoque unha transformación similar aquí e superemos a dependencia do coche.
7
9
57
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Por que é tan importante plantar árbores nas rúas e prazas das nosas vilas e cidades? Aquí xuntei algunhas das razóns. Hai moitas máis! 🌳🌳🌳
@NosDiario
Nós Diario
2 years
[ANÁLISE] 🌳 Loanza da árbore urbana ✍️ O arquitecto urbanista Iago Lestegás ( @iagolestegas ) fecha a serie de análises que 'Nos Diario' publicou durante os meses de abril, maio e xuño
0
2
8
1
18
53
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 month
A ordenanza aprobada hoxe no Pleno culmina un longo proceso regulatorio e non "indulta" ningún piso turístico que incumpra o planeamento urbanístico en vigor. Non se pode resucitar unha ordenación anterior para conceder títulos habilitantes que non se outorgaron no seu día. (3/4)
1
11
53
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
🌡️28°C Que boa sombra darían!
Tweet media one
3
4
52
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 months
O pasado venres en Madrid acordamos co Ministerio de Economía traballar nunha modificación do planeamento no ámbito do antigo colexio Peleteiro que priorice o uso residencial e incorpore unha reserva importante de vivenda protexida. É un acordo moi positivo por varias razóns:🧵
Tweet media one
2
10
51
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Hoxe é o Día Mundial da Auga e toca lembrar o importante que é integrala coa maior naturalidade posible na superficie das nosas vilas e cidades. E tamén o importante que é coñecer e coidar o patrimonio ligado a ela: quenllas, lavadoiros, muíños, pontes e pontellas...
Tweet media one
Tweet media two
2
13
50
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Por moitas máis árbores nas nosas vilas e cidades!
@CompostelaVerde
Compostela Verde 🌿
4 years
Freixos de folla estreita ou freixos de folla pequena (Fraxinus angustifolia) nas ribeiras do río Sar ao seu paso polo Parque Eugenio Granell #CompostelaVerde #Compostela #SantiagoDeCompostela 📸 Marco Gándara
Tweet media one
1
11
59
0
10
46
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Os veciños de Lisboa foron desprazados hai tempo dos seus miradouros, que se ateigaron de turistas. En Compostela os espazos verdes son a última fronteira da turistificación, un refuxio de abril a outubro cando a cidade se torna nun parque temático. Necesitamos que o sigan sendo.
@PazodeRaxoi
Concello de Santiago
3 years
🌳Santiago presentará en @fitur_madrid a candidatura do Carballo de Conxo á última fase do certame Árbore Europea 2022 🏆 Máis información👉 #ÁrbolEuropeo2022 #CompostelaVerde
Tweet media one
0
6
20
2
8
45
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 months
Teño a sorte de coñecer a Román dende hai anos. É unha persoa fundamental para unha comarca moi especial: Os Ancares. O futuro, como di Román, constrúese con autoestima e ordenación do territorio.
1
12
45
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 month
O 3 de xuño e en días sucesivos comunicamos e explicamos a decisión deste Goberno de non regularizar usos preexistentes incompatibles co planeamento en vigor. É unha decisión fundamentada xuridicamente e coherente co noso obxectivo político de abordar o problema da vivenda. (2/4)
1
8
45
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 years
Este mapa do IGE amosa a porcentaxe de habitantes menores de 20 anos en cada concello en 2017. Claro que tamén podería ser un mapa do trazado da AP-9. Algún día habería que estudar como as grandes infraestruturas contribúen non ao artellamento, senón ao desequilibrio territorial.
Tweet media one
2
34
42
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Outro día, noutro fío, falarei das características que definen aqueles espazos públicos que si funcionan ben, coma este da praza da Milagrosa, en Lugo, que hai unhas horas lucía así de ben malia o fresco e a ameaza de choiva.
Tweet media one
2
2
41
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 months
Activamos o Rexistro de Soares do @PazodeRaxoi , unha ferramenta urbanística útil para impulsar a rehabilitación do patrimonio abandonado, a través da incoación do procedemento de inscrición de catro inmobles con declaración de ruína na Cidade Histórica.
1
6
42
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
🌳Cada vez máis voces destacan a necesidade de renaturalizar as áreas urbanas, onde xa vive máis da metade da poboación mundial. Hai tantas razóns para plantar árbores nas rúas e prazas que darían para un fío infinito, pero aquí vimos ser breves, así que deixarei só algunhas.🧵
Tweet media one
2
17
41
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
En Compostela hai tempo que alugar un piso para vivir na Cidade Histórica é misión imposible. O arrendamento turístico, malia estar prohibido nesta zona, despraza os residentes. Polo que explica este artigo, isto comeza a ser un problema tamén en Lugo. Cómpre regular e controlar.
@elprogreso_Lugo
El Progreso de Lugo
3 years
#Lugo 🏡 El apogeo de los pisos turísticos deja la ciudad sin viviendas para alquilar 🎓 Los universitarios buscan sin éxito alojamiento a punto de empezar el curso y las inmobiliarias piden a los lucenses que arrienden casas vacías
3
0
8
0
10
41
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
🌿Queremos impulsar a transformación de Compostela nunha capital verde europea. Grazas, @GorettiSRei , por contares comigo no teu equipo. #SantiagoMereceM áis #CoCoraz ónEnCompostela ❤️
2
4
40
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Foi a enésima demostración da inexistencia dun proxecto institucional de desenvolvemento económico de país ―e non de colonia― que evite que continuemos a emigrar como facían os avós. Se estes non saben facer outra cousa, poñamos no seu lugar alguén que saiba. Estamos a tempo.
2
7
38
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Quedan as casas baleiras e as leiras a monte. Caen lousados sen que ninguén poida oír o seu estrondo. É difícil fixar poboación cando se quitan mestres e médicos. O círculo vicioso do abandono torna o territorio nunha tabula rasa onde despregar eólicos, eucaliptos e peregrinos.
1
16
38
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
9 years
It's no longer necessary to use the army to knock down democratic governments. #ThisIsACoup #ThisEuropeanUnionIsAShame
0
38
39
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
O ano pasado había 2.045 aldeas e lugares desertos en Galiza e 1.075 estaban habitados por unha única persoa. Dende que Feixóo é presidente, o número de parroquias con menos de 20 persoas duplicouse; en 2019 rexistráronse 125. Galicia, Galicia, Galicia. Quedará algo dela?
1
11
38
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Sobre "As Bestas" paira a cuestión do despoboamento das aldeas e disto trata o meu artigo deste mes no @NosDiario . Entre 1981 e 2021, un terzo dos concellos galegos perderon máis da metade da súa poboación.
2
16
35
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
As rúas con árbores son rúas mellores! #1foto1arbore
Tweet media one
@PazodeRaxoi
Concello de Santiago
3 years
🌳O Concello plantará unha árbore por cada foto compartida con #1foto1arbore para celebrar o Día Internacional dos Bosques.
Tweet media one
4
15
19
5
5
36
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
A normativa de circulación que segundo a Voz propón @PazodeRaxoi faría aínda máis difícil usar a bici. Non se podería amarrar a ningún elemento do mobiliario urbano (hai alternativa?) nin circular no casco vello (figura a bici entre os seus múltiples problemas?). Oxalá se revise.
Tweet media one
7
18
34
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Demasiadas veces a protección do patrimonio queda no papel. Sobre todo cando se trata de patrimonio popular.
@santiagogrial
Santiago Garrido
4 years
A primeira foto, o cabazo en maio de 2015. A segunda, hoxe.
Tweet media one
Tweet media two
11
23
135
4
10
33
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Ademais dun modelo extractivista que compartimos con calquera país subdesenvolvido do mundo ―no noso caso baseado na extracción de electricidade, madeira e minerais― o único proxecto que a Xunta de Feixóo parece ter para o noso país é convertelo nun enclave turístico.
2
8
32
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Hoxe o @NosDiario publicou a miña primeira colaboración sobre urbanismo e territorio. Que opinades sobre os espazos urbanos creados nas últimas décadas?
0
5
32
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Medran as áreas metropolitanas da AP9 mentres o resto do país avanza a paso lixeiro cara á desaparición. 10 comarcas perderon máis poboación entre 2009 e 2019 que nos 20 anos anteriores e noutras 8 o número de habitantes caeu dende 2009 tras polo menos dúas décadas de crecemento.
1
5
32
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
15 days
🏘️O arrendamento de tempada é unha fenda na Lei polo dereito á vivenda que cómpre pechar incluíndoo na regulación de prezos. Pero non agardamos de brazos cruzados a que iso se resolva. Expliqueino onte no Pleno do @PazodeRaxoi . Velaquí un resumo dun minuto da miña intervención.
0
11
31
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
13 days
📐Hoxe o @PazodeRaxoi aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do SU4 en Amio, un ámbito de máis de 285.000 m2 para equipamentos, servizos urbanos e zonas verdes. 🌿Ademais de ordenar os usos e edificacións, prevé a creación dun parque e unha nova rúa.
Tweet media one
1
9
31
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
7 months
🎙️ Estreeime hoxe na tertulia de Onda Cero falando sobre transformación urbana, espazo público e mobilidade sostible. 💡 Convocaremos un concurso de ideas para deseñar o futuro dun dos máis importantes eixos urbanos de Compostela: o que conecta a praza de Galiza con San Caetano.
Tweet media one
1
5
31
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 months
A coordinación entre o @PazodeRaxoi e a @UniversidadeUSC é clave para Compostela. Un dos seus primeiros froitos é un acordo para favorecer a creación de residencias universitarias e facilitar a rehabilitación de edificios da Cidade Histórica para este uso.
0
7
30
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
As pallozas de Piornedo son patrimonio de todos os galegos e podemos colaborar na súa conservación. Anímovos a facer unha achega a este proxecto de recuperación do cultivo e labores tradicionais do centeo para evitarmos que máis pallozas se cubran de chapa
1
16
30
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
9 years
Deduzo que a rede clientelar do PSOE en Andalucía é tan forte, densa e está tan ben amarrada como a do PP en Galicia.
5
55
28
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Disque pecha o Derby, un dos cafés máis emblemáticos de Compostela, tras case un século de historia. Pregúntome se tamén será substituído por unha tenda de 'souvenirs', como xa aconteceu co Dubrés, a libraría Galí e tantos outros negocios históricos desaparecidos...
3
4
29
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
O 37% dos galegos estamos hoxe concentrados no 3,3% da superficie do país: a que suman os seus 7 concellos máis poboados. O 87% dos municipios perderon habitantes entre 2009 e 2019 e houbo 72 concellos que perderon máis do 20% da súa poboación dende que Feixóo preside a Xunta.
1
8
28
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
Necesitamos máis árbores que dean sombra no verán, menos asfalto e formigón, máis superficie permeable que reteña menos calor e mellore a xestión do ciclo da auga. Temos moi presentes os beneficios que a natureza nos proporciona e imos utilizar o urbanismo para potencialos. 🌳
Tweet media one
0
3
27
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Máis espazos abertos non significan necesariamente máis calidade urbana. Os barrios están cheos de desertos deprimentes de cemento e pedra como o que podería acabar ocupando o actual emprazamento da estación de buses de Lugo, aos pés de algúns dos edificios máis feos da cidade.
Tweet media one
3
4
25
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Velaquí un bon exemplo do sobredimensionamento de moitos dos espazos creados polo planeamento urbanístico contemporáneo: a rúa da Fonte da Bica, aberta hai 10 anos coa (totalmente innecesaria) urbanización de San Fiz, no borde surleste da cidade de Lugo. Este modelo non funciona.
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
4
6
27
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
"A Galicia baleirada de Fraguas é hoxe un espazo para a especulación, para minas a explotar con técnicas antiecolóxicas, para depósitos de lixos perigosos, para seguir producindo enerxía -vella ou nova- sen retorno para as comunidades que alí viven."
0
15
26
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
@AmilGZ O mesmo nos dicían na escola de Arquitectura antes da crise de 2008. O que sucedeu despois...
3
0
23
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
9 years
Eu estou algo canso de celebrar vitorias alleas en eleccións alleas.A ver cando nos poñemos en serio para podermos celebrar as nosas propias
2
15
23
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 month
Participo estes días no encontro da plataforma europea @EUni_Well en Nantes. Falamos de calidade de vida e identidade urbana e presentamos algunhas das iniciativas do @PazodeRaxoi a prol do benestar da veciñanza e da habitabilidade dos nosos barrios.
@EUni_Well
EUniWell
1 month
🌍The 2nd #EUniWell 's Mayors' Meeting is in progress! City officials and university leaders are discussing the importance of civic participation in enhancing #wellbeing in our Alliance's cities and local communities. 🤝​Today, we feel truly #EUnited4Wellbeing !
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
0
4
20
0
5
25
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 months
Para que durante o proceso de estudo da modificación do Plan non se agrave a situación do tecido comercial da cidade histórica, o @pazoderaxoi suspende temporalmente licenzas e comunicacións previas nos supostos definidos no acordo publicado hoxe no DOG.
0
4
24
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Inzar o territorio de muíños e paneis tampouco é sostible. Un grupo de científicos de varios centros de investigación españois alertan, nesta carta publicada en Science, sobre a ameaza que o boom das renovables —eólica e solar— supón para a biodiversidade.
1
8
24
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Foi unha oportunidade perdida para facer un espazo público de calidade, igual que a reforma da Calella do Hospital, ao pé do convento de San Domingos. Nada convida a permanecer 5 minutos neste espazo urbano recentemente “rehabilitado” con financiamento do programa europeo FEDER.
Tweet media one
2
3
23
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Como que non gañou Lugo? #MissVaca2022
Tweet media one
1
6
24
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Un rotundo SI aos trazos dialectais no rexistro culto! A diversidade xeográfica do idioma tamén é patrimonio.
@magago
Manuel Gago
2 years
"Ao cabo de cinco minutos, xa non reparas nas gheadas: o importante é contido. Lixó púxonos a todos os barbanzáns que falamos en público con frecuencia nunha importante tesitura e enfrontounos aos nosos propios pasados e prexuízos".
0
9
40
1
4
24
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Non hai árbores e os bancos están colocados en ringleira de costas á zona de tránsito, cara a un espazo baleiro e un muro que ten certa beleza pero escaso interese. Colocar bancos non abonda para que a xente os utilice, como demostra estoutra rúa “humanizada” ao pé da Muralla.
Tweet media one
2
2
23
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
O logo do Xacobeo 2021 aparece en todo o material da Xunta, dende os boletíns de notas que os colexios e institutos envían á casa ata os xustificantes de demanda de emprego que se entregan nas oficinas do paro, pasando polos modelos de solicitude de bolsas ou subvencións varias.
1
6
22
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Hoxe é o Día Internacional dos Bosques. Moitos estudos confirman que a presenza de árbores nos barrios favorece a saúde dos seus habitantes: Ademais de zonas verdes de calidade, necesitamos máis árbores nas rúas e prazas. @TalentiaSummit #1foto1arbore
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
0
3
22
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
🏡Mellorar a imaxe urbana da praza do Matadoiro e o parque de Belvís 👩‍🦽Crear unha conexión accesible para todas as persoas entre o parque e a súa contorna 🌿Liberar de obstáculos a zona de servidume do regato do Cancelón 💧Restaurar o cauce recuperándoo para desfrute da cidadanía
0
3
22
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
En abril de 2020, no medio da emerxencia de saúde pública provocada polo COVID-19 e coa poboación aínda confinada e asustada na casa, o goberno de Feixóo destacou “o papel do vindeiro Xacobeo 2021 como motor de recuperación” despois da pandemia.
1
2
22
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 years
Urxe regular os alugueiros, penalizar a vivenda baleira e aplicar as normas de uso do planeamento urbanístico. Do contrario, Compostela e outras cidades quedarán para ricos e turistas.
@orodil
Olalla Rodil
2 years
O de Compostela coa vivenda en xeral mais para a mocidade é terrible. 750 euros ao mes (+100 que hai un ano) e cada vez máis lonxe.
Tweet media one
9
36
108
2
7
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
Isto é marabilloso: unha colección de gravacións de música tradicional galega realizadas nas primeiras décadas do século pasado.
@consellocultura
Consello da Cultura Galega
5 years
Xa podes escoitar no noso web a primeira fornada do noso patrimonio cultural rexistrado en pedra. No proxecto "Lousas" está a primeira gravación sonora galega que se conserva, que é do Coro Aires d’a Terra...
1
14
31
1
5
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
📻 Onte participei no debate da SER sobre modelo urbano e cidade histórica en representación do @bngcompostela . 🎧 Podedes escoitar aquí a gravación (30 minutos).
0
3
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Este lugar ten moitas das cousas que fan a vida agradable pero foron esmagadas pola modernidade: escala humana, arquitectura de calidade, materiais naturais, vexetación, un bonito corredor que permite estar fóra malia estar dentro e un banco para pasar a tarde ao pé da porta.
Tweet media one
0
0
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Esta rúa de 12x140 metros que desemboca fronte á Muralla é un deserto de pedra. A reforma estreada en 2017 nunca se caracterizou por ser xenerosa en vexetación, pero de 7 árbores minúsculas que se plantaron en ringleira hai menos de 4 anos só queda unha; o resto desapareceron.
Tweet media one
1
2
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
8 months
A modificación puntual que aprobamos inicialmente o xoves suprime o aproveitamento lucrativo no Espiño eliminando, por tanto, o volume edificable e os usos privados previstos na ordenación de 2004. 🎥Podedes ver a miña exposición no Pleno nesta ligazón:
Tweet media one
0
2
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
2 months
Igual que se utiliza para garantir que o parque de vivendas responde ás necesidades vitais da veciñanza, o planeamento urbanístico debe utilizarse tamén para promover a diversidade de usos e coidar o comercio que subministra bens e servizos esenciais para os residentes.
1
2
21
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
É desacougante ver o presidente da Xunta presumir de políticas para o rural en campaña electoral mentres medio país queda baleiro.
Tweet media one
2
18
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
6 years
No número 59 da @RevistaLuzes , que está adicado ao benquerido Portugal, escribín sobre o impacto do boom de turismo e "rehabilitación" urbana na capacidade dos residentes para accederen a unha vivenda en Lisboa e Porto. A cidade para quen a habita ou para quen a visita?
Tweet media one
0
10
20
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Coñecedes algunha canción que trate o tema da xentrificación e a turistificación? ABRO FÍO con algunhas que me veñen á cabeza. Engadide as que coñezades! 👇🎧
5
5
20
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
7 years
15 anos despois seguen mandando os mesmos.
Tweet media one
1
22
20
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
Reordenaremos as vías que están sobredimensionadas porque teñen demasiados carrís para coches e fragmentan os barrios, como as avenidas do Restollal, Lugo, Xoán XXIII, Cruceiro da Coruña ou Romero Donallo. A súa anchura permite distribuír o espazo de forma máis eficiente e xusta.
1
3
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
1 year
No planeamento urbanístico está parte do problema e nel pode estar tamén parte da solución. O pequeno comercio é fundamental para a vitalidade urbana e o problema dos baixos pechados non se debe "resolver" renunciando ao uso comercial deses inmobles. (4/4)
1
1
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
8 years
Evolución débeda pública galega. Caía co bipartito "derrochador" e aumenta vertixinosamente coa austeridade d Feijóo
Tweet media one
2
31
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
5 years
Un "ti vai facendo" monumental.
@el_pais
EL PAÍS
5 years
La Sagrada Familia ha solicitado al Ayuntamiento de Barcelona la licencia de obras del templo. La petición llega 133 años después de comenzar la construcción
126
934
2K
0
6
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
7 years
Ter o país cheo de eucaliptos e sorprenderse porque arde é como ter a casa chea de merda e sorprenderse porque veñen as cascudas.
1
11
18
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
3 years
Falei sobre prazas, árbores, persoas e barrios con Silvia López, de @LugoXornal . Oxalá se abran cada vez máis foros para (re)pensarmos sobre decisións de deseño urbano que afectan a nosa calidade de vida.
0
4
16
@iagolestegas
Iago Lestegás Tizón
4 years
Fixéronme esta entrevista sobre urbanismo e turistificación en Compostela na revista de información local Stgo!
Tweet media one
0
3
17