Galegas Profile Banner
Galegas Profile
Galegas

@Garua2015

4,757
Followers
62
Following
557
Media
2,645
Statuses

A memoria non busca revelar as cousas que se olvidaron, senón as que se ocultaron. Karina Pacheco.

Joined December 2015
Don't wanna be here? Send us removal request.
@Garua2015
Galegas
2 months
Nena lavando a cara coa auga das herbas de San Xoán en Vilar. 📷 Henningsen, c. 1965. Vinte unha crara noite, noitiña de San Xoán, poñendo as frescas herbas na fonte a serenar. E tan bonita estabas cal rosa no rosal que de orballiño fresco toda cuberta está. 🖊️ Rosalía de Castro.
Tweet media one
2
345
936
@Garua2015
Galegas
6 months
Mulleres vendendo pan na rúa, Santiago de Compostela. 📷 Nicolás Muller, c. 1950. Esta fermosa imaxe plasma o que era dos traballos femeninos habituais: a venda ambulante. Estas mozas venden o afamado pan de Santiago, o "bolo con perucho", na praza Entrepraciñas de Compostela.
Tweet media one
2
133
603
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller bailando cunha regueifa. 📷 Caamaño, c. 1956 A regueifa era unha rosca ou bolo de pan das vodas galegas. Elaborado preferentemente con fariña de trigo e adobiado con ovos, azucre e fitas. Adoitaba repartirse despois do banquete entre os veciños non convidados ao casamento.
Tweet media one
7
112
582
@Garua2015
Galegas
8 months
A nena do bolso. 📷 Carlos Valcárcel, c. 1970. Cando lle preguntei se quería que lle regalase unha fotografía se me deixaba facerlle un retrato, dixo que si, pero que agardara, marchou. Pensei que non volvería. Pero, regresou cun vello bolso, e me redondeou a foto. ✍️ Valcárcel.
Tweet media one
8
97
527
@Garua2015
Galegas
10 months
Maruja Mallo con manto de algas, Chile. 📷 Aut. desc., 1945 A pintora galega Maruja Mallo foi unha das figuras claves do surrealismo do s. XX. Unha muller que non só se rebelou contra as normas artísticas tradicionais, senón tamén contra a sociedade conservadora. ✍️Cristina Arufe
Tweet media one
6
134
513
@Garua2015
Galegas
10 months
Nena pastora. 📷 Bene, c. 1960. Hai pais que obrigan aos fillos a faltar ás clases cando hai moito traballo. O mestre fala nunha lingua diferente da materna, que vai ser sometida e ridiculizada. Un malentendido: -¿cuántos años tienes? -aínda non pariu a ovella. ✍️ Mariño Ferro.
Tweet media one
7
99
504
@Garua2015
Galegas
2 months
Pandeireteira e violinista descansando na feira. 📷 A. D. 1917. Unhas Letras Galegas, as de 2025, centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e transmisoras da tradición oral. Polas cantareiras, polas pandeireteiras... pola poesía popular. Vivan as #LetrasGalegas2025
Tweet media one
3
154
493
@Garua2015
Galegas
3 years
Viúvas de vivos; mulleres de mortos, agardando novas logo dun naufraxio. #mullergalega Foto Bene, ca. 1950. Desolación e tristura pola perda dos mariñeiros do "Villa de Pitanxo" e pola dor das súas persoas queridas. Que a terra e o mar lle sexan leves.
Tweet media one
6
129
491
@Garua2015
Galegas
1 year
Hoxe Irene González Basanta, gardameta galega nos anos 20 do pasado século, estaría orgullosa. Parabéns @SEFutbolFem #mullergalega #FutbolFemenino
Tweet media one
2
104
462
@Garua2015
Galegas
8 months
Mulleres tendendo e botando roupa ao clareo en Sada. 📷 Ramón Dimas, 1956. "Arredor do 1960, Mercedes, outra lavandeira, cobraba trinta pesetas á semana por cada muda, composta por toda a roupa da persoa xunto coas sabas e as toallas". ✍️ Mari Vega Cerqueiro.
Tweet media one
6
112
463
@Garua2015
Galegas
1 year
Muller escollendo olivas nun muíño de aceite en Valdeorras. #mullergalega 📷 Rufino, c. 1920 O aceite galego é espeso, verde, forte, ácido, bo para ensaladas, para untalo no pan e para o polbo á feira. Refraneiro: "O aceite é armeiro, ferreiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro".
Tweet media one
4
110
444
@Garua2015
Galegas
10 months
Rapaza en Aldán, Cangas. 📷 Otto Wunderlich, c. 1930. As mulleres, dende moi novas, cargan na cabeza, cestas, olas, tallas, feixes de herba, sellas, baldes... Para asentar mellor a carga, poñen unha rosca de palla ou trapo chamada, segundo as zonas, mulido/a, rodela ou rolla.
Tweet media one
7
91
429
@Garua2015
Galegas
2 months
Mozas cos vestidos feitos de follas de mazaroca de millo, Iñás, Oleiros. 📷 A.D., c. 1950 As asociacións veciñais como O Hórreo de Iñás fan un traballo fundamental de recuperación da nosa historia recente. A dixitalización das fotos familiares é un labor importante para este fin.
Tweet media one
6
111
428
@Garua2015
Galegas
1 year
Muller vendendo empanadas na Escravitude #mullergalega 📷 Ruth M Anderson, 1924 Famosas son as de lamprea, en Padrón e Caldas; de raxo, na provincia luguesa; de xouvas, na de Pontevedra; na Galicia fluvial, de anguía; na Mariña, de congro; nas Rías Baixas, de croques e masa milla
Tweet media one
6
92
425
@Garua2015
Galegas
8 months
Leiteiras de reparto en Vigo. 📷 Magar, 1964. Ata ben entrados os anos 80, en Vigo conviviu o leite repartido polas leiteiras co leite envasado. A primeira empresa de leite pasteurizado foi a "Central Lechera de Vigo" que, fundada nos anos 40, comercializaba baixo a marca "nai".
Tweet media one
7
111
420
@Garua2015
Galegas
7 months
Entroido en Laxe. 📷 José Vidal, c. 1930. Na actualidade celébranse tres días grandes do Entroido: domingo, luns e martes, pero tradicionalmente duraba unhas catro semanas: Domingo fareleiro, os xoves de compadres e de comadres, domingo oleiro, domingo corredoiro e o de piñata.
Tweet media one
2
106
403
@Garua2015
Galegas
6 months
Mulleres facendo un conxuro. 📷 Gustav Henningsen, 1965. Esta foto é unha das máis de tres mil imaxes que Henningsen, o maior experto mundial en bruxería, realizou na súa viaxe por Galicia atraído polas tradicións, ritos e lendas. En 2008 donou os seu arquivos ao Museo do Pobo G.
Tweet media one
4
119
397
@Garua2015
Galegas
1 month
Muller vendendo o rianxo, Santiago. 📷 Ksado, c. 1945 O rianxo (cebolas, allos, berzas...) cóllese de véspera ou o mesmo día de mañá e a rianxeira lévao do campo á cidade en cestas, panelas e queipos para vendelo polas rúas ou en postos fixos que aluga nos mercados. 🖊️ X. Lorenzo
Tweet media one
4
107
383
@Garua2015
Galegas
6 years
Muller encargada da bandeira dun paso a nivel do tren en #Padr ón #ACoru ña, 1924. Foto Ruth Matilda Anderson. #mullergalega
Tweet media one
2
156
373
@Garua2015
Galegas
2 months
Muller pelando patacas, Ancares, Lugo. Carlos Valcárcel, 1970. Valcárcel foi un recoñecido fotógrafo lucense que realizou milleiros de fotografías en branco e negro de grande interese etnográfico e patrimonial. Percorreu Galicia inmortalizando rostros, paisaxes e tareas cotiás.
Tweet media one
0
104
379
@Garua2015
Galegas
3 months
Nena á porta da casa en Cangas. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. A tipoloxía de casa, de gran difusión en toda a costa meridional galega, é a casa con patín, vivenda con acceso exterior á planta superior por unha escaleira dun só tramo que culmina nun patamal. 🖊️ Pedro de Llano.
Tweet media one
5
80
375
@Garua2015
Galegas
6 months
Lavandeiras nas Burgas, Ourense. 📷 Nicolás Muller, c. 1950. "O lavadoiro, obra do arquitecto Conde Fidalgo, é tan fermoso como o resto do edificio e o día que algunha corporación decida darlle cariño, poderá converterse nun atractivo turístico máis". ✍️ Maribel Outeiriño, 2014.
Tweet media one
5
80
378
@Garua2015
Galegas
8 months
Muller de volta. 📷 Bene, c. 1960. Coa carga sobre a cabeza, a crianza durmida no colo, a nena prendida da falda e a ovella suxeita pola corda...
Tweet media one
12
91
367
@Garua2015
Galegas
8 months
Nena coidando do gando. 📷 Ramón Dimas, 1956. Cando volva á escola, logo do verán, voulle pedir á mestra que me ensine a ler de corrido. Eu, a cambio, voulle contar que as vacas cando comen a herba, non devoran as raíces.
Tweet media one
4
84
366
@Garua2015
Galegas
2 months
Muller no mercado en Lugo. 📷 Ricard Terré, 1962. "Na historia dun país con tanta emigración, as mulleres estaban obrigadas a levar o mundo na cabeza, fisicamente e metaforicamente, para sacar adiante a vida de todos". 🖊️ Encarna Otero.
Tweet media one
5
125
362
@Garua2015
Galegas
11 months
Mulleres vendendo sancosmeiros, Noia 📷 R. Dimas, 1956 O sancosmeiro é un sombreiro tradicional pensado para protexer do sol e da chuvia nas labores agrarias, marisqueo... A súa forma permite utilizalo para levar cousas sobre a cabeza. Toma o nome de San Cosme de Antas, Mazaricos
Tweet media one
6
94
351
@Garua2015
Galegas
5 months
Muller vendendo lampreas polas rúas de Santiago. 📷 A.D., 1960. "Trae en su carne la canela de los bosques submarinos, y acaso por el sabor de la lamprea sepamos el de los besos de la sirenas". ✍️ Álvaro Cunqueiro.
Tweet media one
9
103
353
@Garua2015
Galegas
9 months
Na fotografía aparece María Cardarelly considerada a primeira fotógrafa de Galicia. Exerceu en Compostela entre 1864 e 1866. A súas fotos máis coñecidas son os dous retratos que lle fixo a Rosalía de Castro.
Tweet media one
3
83
348
@Garua2015
Galegas
10 months
Muller preparando polbo na feira da Escravitude. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. "O polbo non ten ósos nin espiñas, nin cascas, nin tona, nin carabuñas. Todo é carne! E que carne!" ✍️ Luis Villaverde, autor do libro "Mariscos de Galicia"
Tweet media one
1
67
350
@Garua2015
Galegas
2 months
Mozas almorzando ao aire libre na mañá de San Xoán, Viana do Bolo. 📷 R. Matilda Anderson, 1925. O lume novo, o da fogueira de San Xoán, dá sorte para todo o ano e concede desexos. O lume novo serve para arredar o inverno e darlle forza ao sol. 🖊️ Dic. dos seres míticos galegos.
Tweet media one
0
99
342
@Garua2015
Galegas
8 months
Traballadora do balneario no castiñeiro xigante de Bembibre, Viana do Bolo 📷 Vida Gallega, 1908 Esta árbore, famosa polas súas dimensións, foi tallada na Guerra Civil porque dende unha das súas pólas Otero Pedrayo promunciou un discurso a favor do Estatuto Galego do 36 ✍️Fraguas
Tweet media one
4
130
343
@Garua2015
Galegas
7 months
Mulleres de Beade camiño do mercado do Campo de Granada, Vigo. 📷 Pacheco, c. 1950. "As mulleres que sostiñan as constelacións do zodíaco sobre as súas cabezas, camiño do Campo de Granada". ✍️ Ledicia Costas.
Tweet media one
4
84
344
@Garua2015
Galegas
1 year
Castañeiras no mercado da Coruña. #mullergalega 📷 Ruth Matilda Anderson, 1925. Para asar as castañas e que non esbouren, adéntanse. Logo ásanse entre brasas, no forno ou en asadores que, antigamente, poñían na trepia ou colgados da gramalleira.
Tweet media one
4
71
340
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres vendendo leite. 📷 Luis Zamora Bañón, c. 1958. As primeiras empresas leiteiras en Galicia son de comezos da década de 1930, mais a imaxe das leiteiras, cos seus cántaros de lata na cabeza repartindo o leite polas vilas e aldeas, esténdese ata ben entrados os anos 70.
Tweet media one
8
78
338
@Garua2015
Galegas
6 months
Mulleres emigrantes no porto da Coruña. 📷 Alberto Martí, c. 1960. O fotógrafo Alberto Martí fotografou entre 1957 e 1963 a saída, dende os portos de Vigo e A Coruña, dos barcos que levaban a miles e miles de galegos emigrantes a América.
Tweet media one
9
100
331
@Garua2015
Galegas
10 months
Muller carrexando patelas. 📷 Bene, c. 1940. Traballadoras da salga, da conserva, do conxelado, peixeiras, mariscadoras, bateeiras, percebeiras, redeiras, biólogas, carrexonas... A man de obra feminina é protagonista indispensable na industria do mar.
Tweet media one
2
81
329
@Garua2015
Galegas
9 months
Cipriana Crujeiras, Xosefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández. 📷 Vida Gallega, 1921 Estas mulleres non dubidaron en botarse ao mar en dornas o 1 de xaneiro de 1921 para salvar aos pasaxeiros do barco Santa Isabel que embarrancara preto da illa de Sálvora, na ría de Arousa.
Tweet media one
7
83
329
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres nos piquetes de Guísamo. 📷 Anna Turbau, 1977. En 1973 comeza a construción da AP-9 con fondas consecuencias sociais, económicas e medioambientais que provocaron mobilizacións. Moitas mulleres formaron parte dos piquetes de protesta en distintos lugares do trazado.
Tweet media one
3
105
326
@Garua2015
Galegas
2 months
Mulleres preparando sementes no curral da casa. 📷 José Suárez, c. 1960. Nalgunhas casas os alpendres, o palleiro, a adega, o poleiro, etc., distribúense en torno a un curral, espazo situado na fronte da vivenda, pechado por un muro cun amplo portalón. 🖊️ Pedro de Llano.
Tweet media one
3
69
325
@Garua2015
Galegas
8 months
Mulleres nas protestas de Telanosa, Redondela. 📷 Delmi Álvarez, 1986 Telanosa (Soc. A. Lab.) na que traballaban máis de mil persoas, nunha gran parte mulleres, mantivo un longo e duro conflito laboral. Telanosa estaba formada por antigas traballadoras/es do grupo téxtil Regojo.
Tweet media one
4
111
327
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller á porta da casa no Morrazo. 📷 José Suárez, 1935 Suárez da un tratamento especial ao mundo dos nenos, á paisaxe, ao habitat e destaca moi particularmente o papel da muller na sociedade galega. Esta foto pertence a serie "Mariñeiros" feita en Bueu e Cangas. ✍️Suárez Canal
Tweet media one
1
56
322
@Garua2015
Galegas
11 months
Mulleres nun carro na feira de Betanzos. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1926. O carro do país é un carro de eixe móbil e roda maciza. Fano os propios labregos ou encárganllo ao carpinteiro espacializado, o fragueiro. É unha peza fundamental nas casas labregas. ✍️ X. Lorenzo, Xocas.
Tweet media one
4
54
321
@Garua2015
Galegas
5 months
Mulleres bailando nas festas de Muxía. 📷 Caamaño, 1925. En Galicia gústanos moito ir de festa, de troula, de xolda, de trangallada, de algueirada, de rebuldo, de carallada, de chola, de folía, de ruada, rexouba, riola, trouleo, garulada, foliada, gandaina, pándega, de esmorga.
Tweet media one
5
78
322
@Garua2015
Galegas
7 months
Mulleres collendo auga na fonte da Praza do Ferro, Ourense. 📷 Ksado, c. 1930. Estas mulleres collen auga, en porróns ou canabarros, na fermosa fonte que antes da Desamortización decoraba o patio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra.
Tweet media one
0
73
314
@Garua2015
Galegas
1 month
Moza co cabelo longo cumprindo unha promesa, Laxe. 📷 José Vidal, c. 1925 As ofrendas de cabelo foron unha práctica habitual entre as mozas. En Galicia este tipo de tonsura vencellábase ao cumprimento dunha promesa ou calquera outra gracia concedida pola Virxe. 🖊️ Gonzalo Allegue
Tweet media one
7
82
314
@Garua2015
Galegas
4 months
Lectora, Corcubión 📷Caamaño, 1958 Ler é un ritual que implica xestos, posturas, obxectos, espazos... Para imaxinarmos como lían os nosos antepasados necesitamos coñecer, en cada época, esa rede de circunstancias que rodean o cerimonial íntimo de entrar nun libro. 🖊️Irene Vallejo
Tweet media one
3
72
311
@Garua2015
Galegas
11 months
Mulleres atendendo a taberna, Padrón 📷 R. M. Anderson, 1924 "As tabernas, das que hai polo menos unha en toda parroquia, ofrecen boa parte dos produtos que os veciños mercan. A beber e parolar, só van os homes. Das compras encárganse as mulleres ou mandan aos nenos". ✍️M. Ferro
Tweet media one
2
69
310
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller bendecindo as augas do Eume 📷 Marqués de Santa María del Villar, c 1955 No Pozo do Xistral, onde nace o Eume, vivían unhas señoras encantadas que tiñan un can que cazaba as ovellas e as tiraba ao pozo, un burato escuro e sen fondo. ✍️A Reigosa. Resumo lenda Veiga do Roel
Tweet media one
2
51
310
@Garua2015
Galegas
10 months
Mulleres nunha regata. 📷 Vida Gallega, c. 1930. O remo feminino xorde en Galicia en 1928 cando un grupo de mulleres solicitou practicalo no Club Náutico da Coruña. En 1930 colle forza grazas á creación da sección feminina do Club Marítimo de Vigo. ✍️ Cristina López Villar.
Tweet media one
1
82
306
@Garua2015
Galegas
2 months
Mulleres de paseo polas rúas de Ourense. 📷 Ramón Dimas, 1956. A moda do vestido entallado na cintura coa falda acampada facía furor entre as mozas dos anos cincuenta. Antes da chegada dos grandes almacéns, eran as modistas as que os confeccionaban botando man dos figurinos.
Tweet media one
4
73
306
@Garua2015
Galegas
6 months
Mariscadoras da Ría de Vigo. 📷 Arquivo Pacheco c. 1930-40. "Camiñan descalzas polas rochas, (...) As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece". ✍️ Ana Romaní.
Tweet media one
3
99
305
@Garua2015
Galegas
20 days
Mulleres no lavadoiro das Burgas, Ourense. 📷 Nicolás Müller, c. 1950. Os primeiros lavadoiros públicos no entorno das Burgas constrúense en 1918 para aproveitar a auga que abrolla a 60 grados e ven cargada de minerais e que, segundo as lavandeiras, consegue o "branco perfecto".
Tweet media one
1
91
304
@Garua2015
Galegas
18 days
Nena diante da palloza, Os Ancares. 📷 C. Valcárcel, 1969. A palloza é unha construción facilmente recoñecible pola forma da súa planta, circular ou elíptica, e os seus empinados tellados de colmo que evitan o estancamento da neve e filtran o fume interior, sen precisar cheminea.
Tweet media one
0
86
305
@Garua2015
Galegas
1 year
Mulleres collendo auga en baldes e sellas na fonte da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. #mullergalega 📷 Pelai Mas (Arxiu Mas), 1919
Tweet media one
2
67
297
@Garua2015
Galegas
10 months
Muller cos nenos na casa en Mondariz. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. A pedra foi utilizada en Galicia desde que a nosa arquitectura popular existe. Os muros das nosas casas rurais adoitan ser de cachotería de granito ou lousa, de croios, perpiaño ou cantaría. ✍️ Pedro de Llano.
Tweet media one
2
50
301
@Garua2015
Galegas
8 months
Muller facendo unha meda. 📷 Bene, c. 1955. Cando o feo está ben seco, xúntano con galletos e angazos (ronqueiros, nos Ancares), lévano á casa no carro e méteno na palleira ou fan medas. Da aí irán sacando a palla para alimentar o gando, sobre todo no inverno. ✍️ Mariño Ferro.
Tweet media one
8
76
301
@Garua2015
Galegas
9 months
Olimpia Valencia na súa clínica da rúa do Príncipe, Vigo. 📷 Ksado, 1928. Olimpia Valencia, a primeira médica galega, non puido especializarse en neumoloxía a pesar do seu brillante expediente (19 matrículas de honra), non estaba ben visto que unha doutora tratase aos homes.
Tweet media one
1
111
302
@Garua2015
Galegas
10 months
Mulleres vendendo crisantemos no mercado das flores en Vigo. 📷 Arquivo Pacheco, c. 1930. O crisantemo, orixinario de China, converteuse en Galicia na flor dos mortos por excelencia debido a súa boa adaptación ao clima galego e á floración nesta época do ano.
Tweet media one
2
73
301
@Garua2015
Galegas
10 months
Muller decorando unha tumba en Muros. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. "É o día de Todos os Santos. A xente xúntase no cemiterio, acenden candeas e decoran as tumbas con flores. Canto máis rica é a familia, máis elaborada e espantosa é a decoración". ✍️ Ruth Matilda Anderson.
Tweet media one
1
62
298
@Garua2015
Galegas
2 months
Muller nun carro diante dunha casa con corredor, Tui. 📷Ksado, c. 1920. O corredor, construído en madeira e, neste caso, sobre ménsulas de pedra insertas no muro chamadas canzorros, serve para moitos usos: secar roupa, tomar o sol, madurar alimentos, falar as rapazas cos mozos...
Tweet media one
2
76
296
@Garua2015
Galegas
1 month
Mulleres lavando no río Avia, baixo a ponte de San Clodio en Leiro. 📷 Ramón Dimas, 1956. "Quen tivera amores lonxe, regueiriños que pasar, faga unha ponte de pedra, que de pau pode crebar". 🖊️ Popular.
Tweet media one
0
75
294
@Garua2015
Galegas
7 months
Nena no cemiterio de Carantoña, Vimianzo. 📷 Blanco, c. 1940. O maior proceso contra as meigas en Galicia tivo lugar, en 1611, contra seis mulleres de Carantoña. Curiosamente, foi o Santo Oficio quen as liberou condenando ao xuíz por torturas e falsas acusacións. ✍️ Rafael Lema.
Tweet media one
3
82
295
@Garua2015
Galegas
8 months
Muller fiando en Caión, A Coruña. 📷 Ramón Dimas, 1956. "Teño un brinco co que brinco, até o brincar me aborrece, canto máis o brinco brinca, máis a barriga lle crece". Que é? ✍️ Popular
Tweet media one
3
58
295
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller na feira de Palas de Rei. 📷 Jean Dieuzaide, 1961. Nos anos sesenta do s. XX hai en Galicia unhas 5.965 feiras. Ás semanais soen chamarlles mercados, e neles venden, sobre todo as mulleres, os excedentes maiormente verduras, froitas, queixos, ovos, etc. ✍️ Mariño Ferro
Tweet media one
7
55
291
@Garua2015
Galegas
10 months
Muller pedindo esmola no porto. 📷 Bene, c. 1950 Cando o corpo xa non responde para traballar, moitas mulleres maiores vense obrigadas a pedir esmola. Achegarse ao peirao asegura peixe para o día. En tempos, os mariñeiros destinaban un lance para axudar aos veciños necesitados.
Tweet media one
2
65
292
@Garua2015
Galegas
6 months
Muller avanzando, Vilariño, Agolada 📷 Ton van Vliet, 1980 O fotógrafo holandés Ton van Vliet visitou Galicia entre 1978 e 1984. As súas fotos, feitas na súa maioría en Agolada e arredores, son unha road movie particular, ateigada de corredoiras, rostros e rituais. ✍️E. Rodríguez
Tweet media one
1
80
293
@Garua2015
Galegas
4 months
María Gómez, alcaldesa da Cañiza 📷 A.D., 1936 María Gómez era a única muller alcaldesa en Galicia na II República. A súa admiración por Azaña espertou nela a vocación política. Cría firmemente na necesidade de xustiza social, traballo, pan e educación para todos 🖊️ Lesinho Silva
Tweet media one
1
94
290
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller por unha corga. 📷 Raniero Fernández, 1956. Nun país con tantas entidades de poboación e tantas parcelas, os camiños son numerosísimos e tamén as súas denominacións: Corredoira, carreiro, congostra, corgo, vieiro, currupa, atallo, verea, canella, sendeiro, camiño real...
Tweet media one
2
77
286
@Garua2015
Galegas
4 months
Mulleres vendendo e mercando na praza de abastos de Compostela. 📷 Nicolás Muller, c. 1950. "Un fascinante mercado que foi pensado para lograr integrar a aldea e o campo na cidade, o románico co barroco e a tradición coa contemporaneidade".
Tweet media one
1
56
288
@Garua2015
Galegas
5 months
Mariscadora, Betanzos. 📷 Veiga Roel, c. 1955. Co corpo castigado pola humidade, polo frío e o sol, polo esforzo feito para arrincar o berberecho, a ameixa, o longueirón... A muller crúzase, camiño de volta a casa, coa veciña e espétalle: -"Quen me dera morta para estar deitada!"
Tweet media one
3
88
286
@Garua2015
Galegas
15 days
Mulleres traballando nun serradoiro. 📷 José Suárez, c. 1960. Galicia precisa dunha industria da madeira sostible, responsable, que protexa os recursos naturais. O Ulla, o quinto río de Galicia por caudal e lonxitude, está en perigo e con el, a ría de Arousa. Altri, NON!
Tweet media one
1
110
285
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres con cestas na cabeza na praza Pedreira, Pontevedra. 📷 Otto Wunderlich, c. 1930. Esta é unha imaxe habitual, entre as mulleres de orixe humilde, na sociedade galega de ata mediados do século XX: A carga na cabeza e a criatura no colo.
Tweet media one
2
73
283
@Garua2015
Galegas
1 year
A panadeira Ramona, A Fonsagrada. #mullergalega 📷 Ruth Matilda Anderson, 1925 "Ramona, para servir a vostede". Pan de centeo, 4 perras gordas a libra, pan de trigo, 9 perras gordas a peza. Todo feito na Fonsagrada. ✍️ Ruth Matilda Anderson
Tweet media one
2
50
278
@Garua2015
Galegas
8 months
Muller adiviña na Festa de San Lázaro, Ourense. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1926. O paxaro fai todo o traballo duro. A muller coloca a caixa nun lado para as mulleres e noutro para os homes, diante do animaliño, o cal, despois dun anaco, colle co peteiro unha tarxeta. ✍️ Anderson.
Tweet media one
3
70
279
@Garua2015
Galegas
6 months
As pandeireteiras de Mens, Santiago. 📷 A. D., 1980. Prudencia, Asunción, Manuela, Delia e Teresa: as primeiras mulleres que, sendo labregas, tiveron presenza visíbel na escea musical folclórica, dende que en 1972 subiran ao escenario do Teatro Colón da Coruña. ✍️ Beatriz Busto.
Tweet media one
0
67
279
@Garua2015
Galegas
1 year
Retrato de muller e filla. #mullergalega 📷 Ksado, c. 1920 No século XX as galegas cubrían a cabeza cun pano e non coa antiga cofia que xa caera en desuso a mediados do XIX. Cantiga: "Neste pano da cabeza faime, Rita, unha lazada, qu'a cofia xa non acai e estách'hoxe desusada."
Tweet media one
4
49
278
@Garua2015
Galegas
2 months
Muller e nenas na cociña da taberna do Ézaro, Dumbría. Dúas 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. Na cociña atopei unha vella facendo filloas nun filloeiro de mango longo. Dúas nenas sentáronse observándoa dende un pequeno banco situado nun extremo da lareira. 🖊️ Ruth Matilda Anderson.
Tweet media one
Tweet media two
0
77
277
@Garua2015
Galegas
1 month
Nenas diante dunha palloza no Piornedo. 📷 Valcárcel, 1970. A maior agrupación de pallozas existente hoxe en Galicia, concéntrase na vertente oeste da Serra dos Ancares, no núcleo definido polos lugares de Piornedo, Donís, Vilarello, Moreira, Pando, Cantes e Poso. 🖊️ P. de Llano
Tweet media one
0
77
279
@Garua2015
Galegas
2 months
Mulleres cumprindo unha promesa na romaría do Santo Cristo de Xende, A Lama. 📷 Cristina García Rodero, 1984. Garcia Rodero, a primeira fotógrafa española que forma parte da prestixiosa 'Agencia Magnum', percorreu Galicia dende 1974 deixándonos imaxes cheas de forza e simbolismo.
Tweet media one
0
59
275
@Garua2015
Galegas
9 months
Nena diante dos hórreos en Combarro. 📷 Otto Wunderlich, c. 1930. O hórreo é unha dependencia máis da casa que ten como finalidade o secado e conservación de alimentos e, en ocasións, almacenar aveños. Para evitar que entren os roedores, colócanse tornarratos sobre os pés.
Tweet media one
2
66
276
@Garua2015
Galegas
10 months
Mulleres vendendo queixos na romaría do Frai Pedro, Coirós, A Coruña. 📷 Manuel Ferrol, 1960. Nalgúns lugares de Galicia, ata ben entrado o século XX, o único cemiterio da parroquia está no adro da igrexa polo que comparte espazo con festas e romarías.
Tweet media one
2
56
273
@Garua2015
Galegas
10 months
Mulleres mariscando en Lourizán, Pontevedra. 📷 Joaquín Pintos, 1914 O marisqueo no rico banco de Lourizán reportaba importantes recursos ás familias da zona. As persoas máis humildes referíanse ao areal como: "A veiga que nos deixaron os nosos pais". ✍️ Documental Lukas Santiago
Tweet media one
2
57
272
@Garua2015
Galegas
1 year
Muller na lareira 📷 Ksado, 1925 E na miña horta pequena unhas coles fun catar. Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar e ca fariñiña munda xa tiña para cear. Fixen un caldo de groria que me soupo, que la mar; fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar. Rosalía
Tweet media one
1
54
269
@Garua2015
Galegas
7 months
Mulleres nas Burgas, Ourense. 📷 Arquivo Ksado, c. 1920-35. Hai unha lenda que conta que a auga quente que nana das Burgas vén dunha fonte que nace nuns penedos próximos ao pozo Meimón, no río Miño, preto de Ourense, cara a Castrelo. Nesta fonte vive a moura encantada Ana Anana.
Tweet media one
3
59
273
@Garua2015
Galegas
8 months
Mulleres vendendo e mercando xoguetes polos Reis, Vigo. 📷 Raniero Fdez., 1959. Esta noite as criaturas soñan coa idea de erguerse cedo para mañá argallar, besbellar, brincar, enredar, endeñar, estrebillar, fedellar, rebeirar, rebrincar, rebuldar, reinar, trebellar, xoguetear...
Tweet media one
2
74
270
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller de Buño 📷 Manuel Ferrol, c. 1950 E non oculto a miña satisfacción ao dicir que a reportaxe da "Emigración" e tamén a fotografía "Muller de Buño" serviron de inspiración a Chano Piñeiro para realizar as películas "Sempre Xonxa" e "Mamasunción", respectivamente ✍️M. Ferrol
Tweet media one
0
44
270
@Garua2015
Galegas
4 months
Mulleres collendo auga na fonte da Porta do Camiño, Santiago de Compostela. 📷 Pelai Mas, 1919. Neste lugar os peregrinos saciaban a súa sede e se lavaban despois do longo camiño. Tamén servía para darlle de beber aos cabalos.
Tweet media one
0
60
268
@Garua2015
Galegas
1 year
Mariscadoras da ría de #Vigo recollendo berberecho. #mullergalega 📷 Bene. 1955 "Comenzan a fochicare cuns pausiños ou cos dedos alí pola area adiante, ou con ósos ou con ferros, e sacan muitas manadas de birbirichiños frescos... " Xoán M. Pintos
Tweet media one
4
56
264
@Garua2015
Galegas
1 year
Mulleres traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. #mullergalega 📷 Autoría descoñecida, 1924 "Viviamos nunha casiña no arrabalde da Gaiteira, a carón do río Monelos, que vai desembocar á baía da Coruña por detrás da gran Fábrica de Tabacos". ✍️ "A nena lectora" @Rivasbarrs
Tweet media one
2
57
265
@Garua2015
Galegas
3 months
Mozas posando coa vaca en Moraime, Muxía. 📷 Caamaño, 1927. As xentes do campo, que tratan con enorme cariño as súas valiosas vacas, póñenlle nome a cada unha: Loura, Galana, Morena, Linda, Galleira... En 1925 o censo de vacún en Galicia era de 1.256.042 cabezas. 🖊️Mariño Ferro.
Tweet media one
6
49
262
@Garua2015
Galegas
6 months
Os gaiteiros de Guillarei. 📷 Zagala, c. 1900. Toquen as gaitas que hai festa, toquen ao son do pandeiro, pífanos toquen e frautas, redobre o tamborileiro, as cunchas, rencho... correncho, coa quisquilleira zanfona, fagan o compás a un tempo. ✍️ Rosalía de Castro. #D íadeRosalía
Tweet media one
1
77
262
@Garua2015
Galegas
9 months
Muller traballando na fábrica de xabóns da Toxa. 📷 Vida Gallega, 1922 A sociedade de xabóns "La Toja" comezou a comercializar os seus produtos en 1905. A fábrica, que contaba con numerosa man de obra feminina, estaba preto do balneario e utilizaba as mesmas augas ricas en sales.
Tweet media one
3
65
259
@Garua2015
Galegas
9 months
Mulleres carrexando caixas de conserva en Vigo. 📷 Sarabia, c. 1925. Nestes anos as traballadoras das fábricas de conserva e salgadura fan tamén o carrexo, primeiro do peixe dende o barco á fábrica e logo, o das latas unha vez rematado o traballo de empaquetado.
Tweet media one
2
64
257
@Garua2015
Galegas
22 days
Muller nos soportais de Muros. 📷 Schmidt de las Heras, c. 1945. O galego Schmidt de las Heras foi amplamente recoñecido como un dos fotógrafos máis importantes dos anos corenta e cincuenta dentro da corrente coñecida como pictoralismo. 🖊️ S. Carl King.
Tweet media one
1
63
259
@Garua2015
Galegas
2 months
Mulleres levando peixe no porto de Malpica. 📷 Tasende, 1974 A vida de Dionisio era sinxela e plena. Traballou sempre como contable cultivando a afección á fotografía dende os 14 anos. Esta afección afianzouno como un excelente fotógrafo entre os anos 40 e 70 do s. XX. 🖊️Caruncho
Tweet media one
2
52
258
@Garua2015
Galegas
5 months
Muller co traxe de festa, Santiago. 📷 Ruth Matilda Anderson, c. 1924. O traxe serve de indicador da posición social. Aquí unha mostra en forma de cantiga popular: "Costureira, na camisa non quero tanto labor, que non son filla de crego nin tampouco de señor". ✍️Mariño Ferro
Tweet media one
2
68
259
@Garua2015
Galegas
1 year
Muller vendendo queixo en Betanzos. #mullergalega 📷 Dionisio Tasende, 1969 Galicia é un país queixeiro: Cebreiro, San Simón, Arzúa-Ulloa, Tetilla. "Do queixo non che me queixo que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, que non mo deixa de balde" . ✍️ M. Valladares.
Tweet media one
3
49
256
@Garua2015
Galegas
1 year
Mulleres collendo auga na fonte da Porta da Vila, Noia. #mullergalega 📷 Ruth Matilda Anderson, 1926 Esta fonte, aínda que deturpada, atópase hoxe no mesmo lugar: Adro da igrexa de San Francisco.
Tweet media one
3
45
255
@Garua2015
Galegas
1 year
Muller a cabalo camiño da feira. #mullergalega 📷 Marqués de Santa María del Villar, c. 1950 Moitas casas mantiñan unha cabalgadura. Era moi útil para desprazarse e levar as cargas. Algunha mulleres montaban as bestas sentadas en xamúas, que era un asento de tesoira con respaldo.
Tweet media one
3
49
256
@Garua2015
Galegas
11 months
Muller apañando patacas no Morrazo. 📷 Xosé Suárez, c. 1935. "A pataca fixo entre nós a función de "quitafame" como alternativa á castaña infectada de tinta. Hoxe son moi cobizadas as da Limia, as da Terra Chá, as de Lemos, as de Bergantiños, as de Coristanco ". ✍️ Fausto Galdo.
Tweet media one
1
52
258