Avia Veira González Profile Banner
Avia Veira González Profile
Avia Veira González

@Avia_Veira

2,044
Followers
1,002
Following
543
Media
11,403
Statuses

Concelleira do BNG na Coruña. Portavoz do BNG na Deputación da Coruña. Filóloga. Nai de 3 nenos. Deportivista 💙🤍 🍍

Joined February 2011
Don't wanna be here? Send us removal request.
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Desde as 18:05 h temos connosco a Roque e non podemos ser máis felices nin estar máis agradecidos ao persoal do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. É unha marabilla como evolucionou a atención aos partos nos últimos anos. 💜
75
8
293
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Galician language is not for galician pregnant people. #TheImposition
Tweet media one
9
97
287
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 months
Non estou chorando, metéuseme algo no ollo.
3
32
208
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Non collía un alma máis en María Pita. Afortunadamente a cidade dixo que non acepta a homofobia e que quere xustiza. O de hoxe non era só tristura era tamén carraxe, cariño e solidariedade coa familia de Samuel e coas súas amigas. #XustizaParaSamuel
Tweet media one
5
28
199
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Non vos contei o que me pasou onte na cita de seguimento do embarazo na matroa. Na app E-Saúde aparecía como cita presencial e alá fun ao Centro de Saúde. Matroa: non deberías estar aquí, esta cita é telefónica. Eu: Pois a min aparecíame como presencial. 👇🏾
13
72
179
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Din que a alegría contándoa medra... Así que @javi_marinhas e eu estamos encantados de contarvos que vén en camiño un novo membro da familia. Todo está moi ben e eu atópome cada día mellor.
46
3
183
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
E xa veredes que na semana 24 vai pedir unha analítica e a proba de O’Sullivan e vou ter que ir igual ao centro de saúde a coller o volante e a pedir a cita da analítica. Hai q recuperar a presencialidade na atención sanitaria. E isto é responsabilidade do Sergas e da Xunta.
7
23
175
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Hoxe foi o primeiro día logo do permiso de maternidade. Un día máis de lactancia materna. No Estado Español ampliouse o permiso de paternidade (🆗🆒), mais non o de maternidade. Non temos nin os 6 meses para dar lactancia materna exclusiva e a demanda como recomenda a OMS.
4
28
159
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 months
Desde @BNGACorunha pedimos acceso e copia deste informe. A unha concelleira elixida democraticamente non lle dan copia mais si que llo filtran á prensa. Non vaia ser o demo.
@vozcoruna
La Voz de A Coruña
5 months
🔸 Un estudio aconseja que el autobús urbano se gestione por concesión por motivos económicos. El actual contrato finaliza este año y el Ayuntamiento está estudiando las diferentes alternativas ¿Qué opinas? 🤔
18
2
27
9
31
111
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 months
Aquí unha casa de xente feliz, moi feliz! Non sabedes canto! O neno que tivo que ir de noite ao Materno con moita febre hoxe chorou de alegría! 💙🤍💙🤍💙🤍💙🤍💙🤍💙
Tweet media one
1
5
101
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Hoxe este home bo e xeneroso, o de detrás do paraugas, loitador incansábel pola memoria histórica, e pola devolución do Pazo de Meirás, vai ser xulgado por dicir que Franco era un ditador. Quen denuncia? A familia Franco. Quen xulga? A xustiza española. Eu con Carlos Babío.
Tweet media one
2
19
90
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Veño de presentar unha reclamación ao SERGAS para reclamar a volta á presencialidade da atención primaria. Queixarse en Twitter está ben, pero hai que facer chegar as queixas a quen toma as decisións. Tamén é bo organizarse, eu sempre asisto ás mobilizacións de @SOSsanidade
0
27
89
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Paréceme fatal que Yolanda Díaz lle agasallase ao Papa un libro de Rosalía de Castro, tiña que terlle agasallado un de Curros Enríquez. Iso si que sería épico.
5
8
86
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Gañar unha nova Galiza, mesmo para quen ten só 15 días. #XVIIAsembleaNacional #BNGXVII #GanarunhanovaGaliza
Tweet media one
6
5
84
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Atención: está compartindo o vídeo de @orodil xente que nunca comparte vídeos do @obloque E iso que é un vídeo no que explica claramente o que é o nacionalismo e a que aspiramos. Recado para quen di que medramos porque agochamos o que somos ou o que queremos para este país.
2
13
84
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Fala @anaponton dos 30 millóns de euros que se lle entregaron aos colexios do OpusDei que segregan por sexo. Imaxinades o que se pode facer con eses 30 millóns de euros no ensino público? #UnhaNovaGaliza #DebateTVG
1
36
84
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
. @inesreygarcia Por que non poxa o @ConcelloCoruna polo murais de Lugrís? 375.000.000 € de orzamento e non hai para puxar por uns murais dun pintor vangardista CORUÑÉS único. O desprezo do Goberno Local da Coruña a respecto de Urbano Lugrís queda para a memoria.
@RadioCoruna
Radio Coruña Cadena SER
7 months
#ACoru ña 🖼️Los murales de Urbano Lugrís de la Calle Olmos salen a subasta con un precio de salida de 30 mil euros
0
2
4
13
31
82
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
O que non vos conta @sanclaudioyanez é que a Xunta non declarou os murais de Lugrís como BIC, o que lle daría poder de retracto á Xunta e facerse cos murais ademais de obrigar os propietarios de todos os inmbóbeis con murais de Lugrís a coidalos e permitir que os visitemos.
@PPCoruna
PP A Coruña
7 months
⁉️Preguntaremos a Inés Rey en el Pleno por qué no hace nada para que los murales de Lugrís sean patrimonio municipal Dice que no tiene 30.000 € para comprarlos, pero gasta 1,8M€ en propaganda. No hay política cultural, solo conciertos Lo explica @sanclaudioyanez ▶️👇
10
22
26
7
39
82
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Nooooo, no es amoooooor, lo que tú sientes, se llama obsesiooooooón!!!
@ppdegalicia
PP de Galicia
3 years
El BNG de @anaponton comenzó noviembre vendiendo que "ya no eran independentistas" pero no dejan de enseñar su verdadera cara, la del @obloque más radical de su historia. Los delegados de Bildu en Galicia. La izquierda abertzale gallega.
64
37
67
5
8
82
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Logo quedei pensando por que hostia teño que ir a unha farmacia a pagar porque me pesen e me midan a tensión, o día anterior!!! Non son as farmacias lugares de risco para os contaxios? Como leches me vai escoitar o latexo fetal ou medir a altura de útero se estou ao📞. 👇🏾
4
2
76
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 years
Sabías que de obter no Congreso o resultado que tivemos no Senado (Tereixa Novo) pola Coruña en abril, Néstor Rego sería deputado? E este escano perderíao o PP. Concentración do voto galego no @obloque . #destavai #GalizaTenQueEstar
Tweet media one
1
35
75
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Grazas A Coruña! Hoxe non remata nada: arremangámonos para construír a alternativa do 2028 e estar nestes 4 anos ao carón de quen defendedes un futuro mellor para GZ, con máis apoio á cultura, mellor educación e sanidade pública, máis xustiza social e máis igualdade.
Tweet media one
7
13
73
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 years
Xulio Ferreiro non se mete na situación de En Marea, Bea Mato di que a súa campaña vai ser persoal e non lle vai dar importancia ao apoio de Pablo Casado. Pensan que a xente que vota é parva ou que? Pois nós non renunciamos a @anaponton nin ao @obloque . Estamos ben orgullosas!
1
18
71
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Alu Ibérica liquidada. 300 traballadorxs á rúa. O aluminio, máis necesario ca nunca, a prezos desorbitados. Unha venda dunha empresa pública a unha multinacional🇺🇸. Unha venda dunha planta por parte da multinacional amparada polos Gobernos, non esquezamos. Abro mini fío 👇🏾
1
36
73
@Avia_Veira
Avia Veira González
8 months
“Unos chalequitos, 150 euros netos, ponéis el coche vosotros, en los 150 entra el desplazamiento, y si queréis recoger pues mejor.” Pensan que os galegos somos parvos.
@ElSaltoDiario
El Salto
8 months
🔴EXCLUSIVA | La Xunta encarga a una empresa de marketing vinculada al PP parte de la limpieza de los pellets 👇 🔎Una investigación de El Salto en base al hallazgo de audios de la empresa, al histórico de contratos de la Xunta y al relato de testigos,
49
1K
1K
3
37
70
@Avia_Veira
Avia Veira González
6 months
O que vimos onte no expediente da avenida do Exército é moi grave. Agora entendemos por que non nolo deixaron ver en tempo e por que tivemos que empeñarnos en velo. No Pleno de abril pediremos explicacións. Vai 🧵
@BNGACorunha
BNG A Coruña
6 months
#NaWeb Visto o expediente -cousa que non foi doada: cumpriu presentar un recurso de reposición para o conseguirmos-, detectamos graves irregularidades e un trato de privilexio para o portavoz do Goberno Local. Demandaremos explicacións no #PlenoAbril .
Tweet media one
2
24
35
11
39
67
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Riazor non é lugar para que toquen mulleres ou como é que vai o tema? Por certo, aínda que me guste moito Iván Ferreiro, hai máis cantantes e grupos galegos… Sería imprescindíbel unha maior representación de grupos galegos, música en galego e de MULLERES!
Tweet media one
7
14
66
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
A elegancia é o último que se perde. E @anaponton é, sen dúbida, a máis elegante.
@Daniel_CasG
Daniel Castro García
7 months
😉😉 #AnaPont ónPresidenta #ÉAgora
Tweet media one
7
15
139
3
7
65
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 months
O Concello da Coruña é a casa de TODAS AS CORUÑESAS e de TODOS OS CORUÑESES!
@RCDeportivo
RC Deportivo
4 months
➡️ O RC Deportivo comeza as visitas aos seus principais patrocinadores tralo ascenso ➡️ Polo momento queda suspendida calquera visita institucional ao Concello da Coruña e María Pita 🔗
Tweet media one
127
49
392
7
10
66
@Avia_Veira
Avia Veira González
8 months
Que en España non entenden a manifestación de onte. Non son sós os pellets, as mentiras e a descoordinación, que tamén. É o abandono do noso mar. É o baleirado das presas nas rías, as minas que contaminan o noso mar. O abandono do noso mar e da súa xente os últimos 15 anos.
0
22
61
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Feijóo non se pon nin encarnado mentindo sobre #Ence . A min non me estraña pero está ben que o vexa así moita xente en prime time. Brillante @DavidLombao , por certo. #SalvadosENCE
2
10
57
@Avia_Veira
Avia Veira González
6 months
Hoxe botei a mañá en Urbanismo e non me deixaron ver un expediente que teño dereito a ver esgrimindo un total de 0 argumentos xurídicos. Aquí vos explico como o Goberno de Inés Rey vulnerou os meus dereitos fundamentais como concelleira electa (e polo tanto tamén os vosos). 👇🏽
@BNGACorunha
BNG A Coruña
6 months
📽 O Goberno Local conculcou hoxe os dereitos fundamentais da nosa concelleira @avia_veira ao lle negar o acceso a uns expedientes de urbanismo. Asístialle todo o dereito, por silencio administrativo positivo. Ten algo q ocultar o goberno que tanto se gaba de ser transparente?
5
33
59
9
39
58
@Avia_Veira
Avia Veira González
9 months
Unha actriz de teatro presenta un acto político con énfase e ilusión. Unha presentación que lle leva o seu tempo preparar, que lle dá o seu traballo e hai quen lle chama “telepredicadora”. Non tedes respecto pola xente da cultura. Definitivamente.
11
6
57
@Avia_Veira
Avia Veira González
8 months
Raro me parece que non estea Rueda en mocasíns recollendo a merda dos pellets de plástico na ría de Muros-Noia.
8
6
59
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
O delirio do #DeporFuenlabrada chega hoxe a límites insospeitados. Resulta que hoxe deteñen a Alex Bergantiños por un audio que mandou ao resto dos compañeiros de equipo. Fíltrase onte. Onte o Fuenlabrada o pon en coñecemento da Fiscalía e hoxe actúase de inmediato.
4
29
57
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
A ver se me aclaro…Un grupo de neonazis pode ir en manifestación atacando dereitos básicos do colectivo LGBTQi+ por un barrio de Madrid pero a central sindical + representativa en GZ non pode facer unha manifestación diante dun foro de empresarios? É así?
3
26
57
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Hoxe mesmo dicíame Antón que se podía ver Harry Potter en catalán e euskera pero que non o tiña en galego! Por unha canle Xabarín. Por contidos en galego para a xente miúda!
@luipardo
Luís Pardo 🛰
3 years
Pois iso! (E se engadimos os subtítulos en galego para os friques, double win)
2
43
76
2
17
53
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
Cousas que pasan 🤭
Tweet media one
11
0
54
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Vouvos dicir o novísima que son, sen dicilo. Aínda non teño cita para a vacina.
5
0
51
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Alberto I O Moderado, estreándose con moderasión dándolle moderadamente unha vicepresidencia e 3 consellarías en Castela e León a Vox.
2
14
52
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
Que di a banca que co novo imposto vaise destruír moitos empregos, non coma antes que mantiñan todas todas as oficinas con todxs todxs xs traballadorxs e non había EREs…
2
13
49
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 years
Coa grandísima @AnaMirandaMEP no Mitin Central na Coruña do @obloque Cheo até a bandeira! Lembrade que o voto ao BNG vale duplo: é un voto antifascista e un voto que só se debe a Galiza! #AgoraGaliza #AgoraBNG #28A
Tweet media one
0
12
45
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Sobrecollida pola barbarie á que é capaz de chegar á xente. É urxente construír unha sociedade pacífica coa empatía como principal valor… construír unha que non fomente isto só trae individualismo, odio, violencia e consecuencias fatais.
2
10
48
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Todo é criticábel nesta vida. Para gustos pintan cores pero tamén é casualidade que das 3 bandeirolas, 2 de homes e 1 dunha muller, a que recibe todas as críticas é a da muller.
2
11
49
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Xulguen vostedes mesmas... Non polo que digan que pasou, senón polo que ven cos seus propios ollos que pasou de verdade.
1
39
49
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Mami, na túa época había plastilina? 🤨 Tanto ten a idade á que sexas nai…sempre es doutro mundo para elxs…
1
3
49
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Que @anaponton e o BNG son un referente para a mocidade sabíamolo mais o que me aconteceu onte con Xanciño certifica que Ana tamén é un referente para a infancia 😂. Xan (7): Mami, hoxe veu a clase unha inspectora. Era alta e con pelo negro así como Ana Pontón. Eu (35): 🤩
1
1
47
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Sarrionandia foi Premio Euskadi de Literatura en 2011, outorgado polo Goberno Vasco, cando o PSOE gobernaba en Euskadi co apoio do Partido Popular. Daquela estaba fóra e nin foi recollelo. Hoxe vive na súa localidade natal e non ten causas pendentes coa xustiza.
@PPCoruna
PP A Coruña
7 months
El Gobierno municipal del PSOE invita a un etarra fugado de la cárcel y que no se desmarcó de la violencia, a un acto público pagado por los coruñeses Exigiremos explicaciones En A Coruña y Galicia no caben multipartitos que blanquean el terrorismo 👉
Tweet media one
26
36
44
2
12
48
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
Que curioso, non lembro que a Xunta nin Alcaldía enviasen convites aos grupos municipais para que asistisen a esta inauguración… Que fai aí Miguel Lorenzo? Que ten que ver coa inauguración da remodelación dese pavillón?
@quincemil15000
Quincemil
2 years
Inés Rey, Alfonso Rueda, Miguel Lorenzo, Diego Calvo y Gonzalo Trenor prueban su puntería junto a los más pequeños durante la inauguración de las obras de remodelación del pabellón deportivo de Monte Alto en A Coruña.
3
0
3
3
9
48
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 months
Unha reflexión de sábado co café. Non vos sorprende o fulminante que foi Inés Rey co cesamento de Eva Martínez Acón ou quitándolle a competencia de Cultura a Celemín que nin de lonxe fixeron nada como o de Lage e, porén, a este protéxeo e quere deixar o asunto pechado nun día?
11
9
46
@Avia_Veira
Avia Veira González
6 months
Farei valer os meus dereitos como concelleira até as últimas consecuencias. Ten algo que agochar o Goberno Local e por iso non me deixa ver o expediente da avenida do Exército nº 96? #XaVan10D ías
@BNGACorunha
BNG A Coruña
6 months
#NaWeb A nosa concelleira @avia_veira presenta un recurso ante a Alcaldía para levantar o veto ao seu dereito a acceder a uns expedientes urbanísticos
Tweet media one
1
14
21
2
20
45
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Son do BNG e tamén uso americana. Tampouco cambio nunca de chaqueta.
Tweet media one
@anamirandapaz
Ana Miranda
4 years
Son do BNG e tamén uso americana. Máis nunca cambio de chaqueta. Non coma os que oubean.
Tweet media one
5
102
670
0
9
45
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 months
No Día da nai decidín lucir a camisola do Dépor cos meus peores pelos. Non hai nada + semellante á maternidade que o deportivismo: unha montaña rusa de emocións xunto co enorme reto de tentar non agonizar nos malos momentos e desfrutar dos bos. Un compromiso vital e vocacional.
Tweet media one
0
4
44
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 years
#RosaliadeCastro publicou Follas Novas en 1881. No prólogo deste libro, titulado "Dúas palabras da autora" atopamos o verdadeiro motivo para ir á folga de mulleres o #8M e é que seguimos como no XIX: sen igualdade real. #ViveRosal ía #FollasNovas
Tweet media one
0
49
42
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Cando o PP fale de seguridade xurídica ou de legalidade lembrade a prórroga de ENCE e a da AP-9. (Por non falar doutros casos de corrupción non publicados no BOE) #CapitalismoDeAmiguetes #VivaLaLegalid á
1
8
44
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Grazas infinitas ás persoas que vos dedicades á escrita, á tradución, á corrección, á maquetación, ao deseño, á edición, á ilustración e á venda ou a dar o servizo de préstamo dos libros que tanto nos fan soñar e viaxar a outras realidades, a abrir o noso mundo e as nosas mentes.
0
12
42
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Matroa: onde tes o papel das cItas? Eu: pedíronmo no Materno e non mo devolveron. Matroa: voute pesar, medir a tensión, medir a altura de útero e escoitar o latexo fetal. [Eu pensando, carais, isto ha de ser difícil por teléfono]. Eu: Vale. 👇🏾
1
0
43
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
A Real Academia Galega de Belas Artes dedícalle o Día das Artes Galegas do 2024 a Asorey, escultor que deixou na Coruña unha obra impresionante en homenaxe a Curros, escritor queridísimo na Coruña e enterrado en Santo Amaro. E como ten o Goberno Local este monumento? 😖
@silviaseixasnai
silvia seixas naia 🛵🤸🏽‍♂️📚
1 year
Cidade da Coruña, onte. Un dos monumentos máis espectaculares da cidade tapado por mexadeiros desde o día anterior. De verdade que non habería outro sitio onde os poñer? 🙈 #ACoru ña
Tweet media one
8
8
69
1
17
41
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Tamén se gaña cando se pelexa até o final, sobre todo cando se fai historia! Moitos parabéns, rapaces! 💙🤍💙🤍💙🤍💙🤍
@BNGACorunha
BNG A Coruña
3 years
O soño non acaba aquí, rapaces. Podédesvos sentir moi orgullosos pola vosa andaina na Youth League, o mesmo orgullo que nos fixestes sentir a nós. Estivestes á altura da mellor historia do clube e demostrastes que hai veces que hai vitoria na derrota. Parabéns @RCDeportivo !
Tweet media one
1
28
183
0
3
43
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
Para a tranquilidade dxs condutorxs desta nosa querida Coruña: vén de comprobarse cientificamente que poñer o intermitente para sinalizar a saída dunha rotonda nin é malo para a saúde nin está demostrado como causa de morte en ningún caso. Poden vostedes sinalizar sen medo. Grzs.
0
4
42
@Avia_Veira
Avia Veira González
6 months
Monbús non vai seguir sendo conselleira. Vaia, nin idea de por que… Se deixa unha herdanza marabillosa cunha mobilidade en Galiza moi propia do século XXI e adaptada ás necesidades das maiorías sociais. E cuns contratos de transporte por estrada (bus) para sacar o sombreiro!
2
10
41
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Feijóo non quere enfadar as concesionarias dos servizos de transporte público así que abarrote no Parrote para os buses que xa logo cadaquén que manteña o seu grupo burbulla e tal.
1
19
42
@Avia_Veira
Avia Veira González
6 months
Finalmente poderei exercer o meu dereito á información e ver os expedientes urbanísticos relativos ao inmóbel situado no número 96 da avenida do Exército.
2
7
40
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Até os ovarios dos coches nas paradas dos buses. Ogallá esas persoas que aparcan aí con todo o morro tivesen que baixar unha cadeira de rodas ou un carriño ou tivesen problemas de mobilidade só por un día para comprobar o egoísta que é deixar o coche nunha parada. #As íDeClariño
1
7
40
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
No Día dos Museos quérome lembrar do MACUF. O Museo De Arte Contemporánea Unión Fenosa era unha colección, residencias para artistas e un proxecto de divulgación e didáctico entre outras cousas que se perdeu por unha decisión empresarial e a pasividade das administracións.
2
5
39
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
Mecagoental Eu quería descansar… Só descansar… E durmir… E ir de vacacións…
4
2
39
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
Éncheme de orgullo e satisfacción que o cole dos meus fillos deixe de chamarse Sanjurjo de Carricarte. Eu era + partidaria doutro nome, un máis relacionado coa microtoponimia do lugar no que está o centro mais o resultado da votación na comunidade educativa foi este.
Tweet media one
2
5
40
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
Non se lle pode dicir adeus a quen é imposíbel que marche de todo. Marcou para sempre a historia do noso club, do noso Dépor, da cidade da Coruña. 💙 Grazas por todo, xenio! 🤍
@EnXogo_tvG2
En Xogo tvG2
1 year
🚨🚨 Morreu Arsenio Iglesias 🚨🚨
Tweet media one
68
207
926
0
5
40
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Se xa inventaron o co-living, os mini jobs e tantos outros termos para disimular a precariedade actual... a que agardan para inventar o night-ironing?
3
1
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 years
Creo que polo principio de neutralidade relixiosa/aconfesionalidade a alcaldesa non debería asistir a actos relixiosos. A súa presenza non é persoal nin individual. Representa a cidade e non toda a cidade é católica. #As íNon
@RadioCoruna
Radio Coruña Cadena SER
5 years
A Coruña | Día del Rosario: La primera autoridad de la ciudad vuelve a asistir a la misa de la Patrona
0
0
0
2
11
38
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Os nenos e mais eu demos negativo!!! Temos que gardar corentena igual cando menos até o 31 que facemos outra PCR! Coidádevos e pasade unhas boas festas! Con cabeciña!
6
0
37
@Avia_Veira
Avia Veira González
10 months
Estarás para sempre connosco nos andeis da nosa casa. A túa Doña Problemas, Max Burbuja, Axente Riciños, Axente Riciños. Misión Princesa, Vaia Cabuxiño, O lobo con botas, Rapunzel con piollos, Alcaldesa Vermella. Grazas a ti podemos construír desde a infancia un mundo mellor.
Tweet media one
0
3
38
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Detecto unha necesidade excesiva do Goberno Local de descalificar a manifestación de onte, en RRSS mais tamén no debate de onte de Radio Coruña. Se cadra ten algo a ver con que non agardasen a participación tan ampla que houbo sen bando da Alcaldía e sen a súa presenza.
2
16
37
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Unha pregunta, non vos parece “simpático” que se empregue a expresión meterse en política como se te meteses na droga…
4
4
37
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 months
Pola tarde podo facer un fío con fotos de todas as necesidades que ten por exemplo a Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre. Estivo ben pórlle o nome mais mellor estaba un mínimo mantemento. Por poñer un exemplo de instalación deportiva maltratada.
@BNGACorunha
BNG A Coruña
5 months
#NaWeb @jorqueracaselas cuestiona que se necesite un Riazor con 48 mil persoas mentres o resto das instalacións deportivas da cidade non dan atendido a crecente demanda. Unha iniciativa para o #PlenoAbril do 11A.
Tweet media one
22
41
167
5
12
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Estanse rindo de nós. Resulta que se actúa con máis dilixencia con un audio de whatsapp que cunha neglixencia da Liga e do Fuenlabrada que pon en risco a saúde de toda a cidade e cun partido que non se debe desputar porque toda a xornada se debería xogar á vez.
1
18
37
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 months
Hai que ter coraxe...
@vocescoruna
Voces de A Coruña
4 months
La alcaldesa @inesreygarcia advierte en #citaenmariapita que el pliego de condiciones del servicio de transporte público urbano "no puede hacerse con prisas". #VDAC
Tweet media one
29
2
10
7
6
37
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Inclinacións sexuais, ou esa expresión dunha persoa moi doutros tempos….
5
2
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Chegou a machada do día, Rosa Gallego considera que o asunto do CHUAC é tan importante que o debera levar o meu compañeiro @jorqueracaselas
8
7
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
Pois é. Reduciuse a aposta por grupos que fagan música en galego en grandes escenarios no Noroeste. Teño a sensación de que non é porque non haxa artistas que o están petando e que son a hostia senón que ten máis a ver cunha escasa planificación e cunha escasa vontade política.
@echeoqhai
O'Iván 🦁🐲
1 year
O ano pasado houbo quen vendeu o concerto das Tanxugueiras ou o de Baiuca no escenario central do Noroeste como un grande avance na normalización e na aposta do concello por ela. Este ano, que de galego nada en Riazor, será logo un grande retroceso, non si?
6
34
212
6
6
36
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Logo que si ciencia, que si non sei que. Mais desta vez non me penso render. Penso manter a lactancia materna. Organizarei a miña axenda e a miña vida para facelo. Hoxe mesmo estiven nun acto con Roque dándolle o peito. Haino que normalizar. A base de actos e de feitos.
1
2
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Só podo sentir orgullo da firmeza dun Goberno Municipal liderado desde hai moitos anos polo @obloque e que non se vende por máis presións que reciba. Que non se prega ás chantaxes de #Ence . Algunhas ben duras. Orgullosa de @Lorespontevedra e todo o seu equipo. #SalvadosENCE
0
0
33
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Levo desde onte bourando o por que do silencio nas redes do @ConcelloCoruna sobre o día de onte #25Xullo oficialmente denominado Día Nacional de Galicia. Até onde eu sei A Coruña é Galiza. Onte polo tanto tamén era o día nacional das coruñesas e os coruñeses. E nin chío.
2
7
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Na cabeza, garda e chave do reino renacido da nosa querida Luísa Villalta xa cheira a cambio. Un cambio para todas desde Galiza cunha muller presidenta cos pés e o corazón na Terra. Térédelo en 17 días na vosa man, co voso voto. Feliz primeiro día de campaña!
Tweet media one
1
2
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
8 months
Que tempos aqueles en que un mandamáis do Goberno Local da Coruña durante o mandato do PP nos pediu á oposición que non fixesemos demagoxia no caso de detectar puntos de venda de droga ou conflitividade arredor diso. Pediunos que, nese caso, llo transmitísemos en privado a eles.
1
12
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
É unha “marabilla” abrir o xornal e descubrir que hoxe hai Xunta de Goberno Local cando hai 10 minutos que nos enviaron aos grupos municipais o correo coa documentación. Por moi frecuente que sexa este tipo de actuación, a min non me deixa de escandalizar.
1
9
35
@Avia_Veira
Avia Veira González
1 year
Sacar máis de 15.000 votos na Coruña é como a cadratura do círculo. #buneno #averchorbo #ForzACoru ña
3
2
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
2 years
Veña que imos co Entroido! Aproveitade que manda o rei Momo!
Tweet media one
2
0
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Despois de medilo todo e que todo estivese ben... Matroa: Tes que volver na semana 24 pero esa vai ser telefónica e o día anterior se podes vai a unha farmacia para pesarte e medir a tensión. Eu: Vale, tentareino. 👇🏾
2
0
32
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Que grande este minuto de ouro. Contrapoñendo o “Vótame” ao “Non me votes”. O control dos temas. A diagnose. As propostas. A sinceridade e a honradez. A nosa futura presidenta. 💜
@anaponton
Ana Pontón
7 months
Vótame ✌️💙 Por #AMellorGaliza ! Faremos historia.
252
639
2K
0
22
33
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Imprescindíbel intervir de oficio as residencias privadas xa! Tal e como propoñemos desde @obloque
@G24Noticias
G24
4 years
🔴 ÚLTIMA HORA | Falecen 21 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, dez delas procedentes de residencias de maiores 🔸 Trátase dunha cifra récord de falecementos diarios nesta segunda vaga da pandemia
Tweet media one
2
16
13
0
18
33
@Avia_Veira
Avia Veira González
4 years
Non é xa que o Goberno Local non apoie a manifestación do 8M, malia que onte votou a favor dunha moción na que precisamente se recollía o apoio ás mobilizacións feministas. Alá cada quen. Mais parécenos incongruente co apoio que tiveron outras manifestacións.
3
18
34
@Avia_Veira
Avia Veira González
5 months
Estamos de volta!!!! Bravas as rapazas do @RCDeportivoFem Sodes moi grandes!!!! 💙🤍💙💜💙🤍💙
0
10
32
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
E si, todo isto é persoal mais tamén é político. Vaia se o é.
3
2
33
@Avia_Veira
Avia Veira González
9 months
Saímos a gañar!!!!! ❤️ A mellor Galiza é a que está por vir!!!!!
@anaponton
Ana Pontón
9 months
Saímos a gañar a mellor Galiza. #ÉAgora
44
167
534
0
7
32
@Avia_Veira
Avia Veira González
3 years
Papá, Mamá, querida irmá, querido irmán, querida cuñada, vémonos nos bares! Na casa non: caca.
2
6
33
@Avia_Veira
Avia Veira González
7 months
Porque claro, é un invento de @obloque que o PP eliminou no Goberno da Xunta de Galiza o imposto ao patrimonio a 7.000 ricos. Ha de ser un invento de @anaponton que o PP votou varias veces en contra de manter a tarxeta básica para xente sen recursos económicos.
0
16
32
@Avia_Veira
Avia Veira González
8 months
Usarán as nosas cores corporativas, usarán os nosos lemas e incluso copiarán até o detalle máis absurdo que vos podades imaxinar, pero iso significa unha falta de respecto absoluta aos votantes. A xente non é parva.
0
7
33